O Mércores, día 5 de Marzo, a Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume (AGAFA), iniciou as súas actividades para transmitir a cultura da froita da comarca. O pasado día 27, impartiron unha charla na Biblioteca do colexio e o día 5 realizamos a primeira plantación escolar das cinco variedades recoñecidas da mazá eumesa, no recinto exterior do Centro.Fixemos seis grupos e cada grupo plantou unha variedade distinta:
"Tres en cunca"
"Sangue de Touro
"Camoesa"
"Príncipe Grande"
"Blanca cerosa" e "Tabardilla roxa
Explicáronnos paso a paso o proceso de plantación e participamos todas e todos.
Cada grupo terá que ocuparse do seguimento e coidado da súa árbore.
Ao remate, fixemos unha foto todos xuntos co socio de honor desta Asociación, ten 92 anos, é coñecido por todos como Sr. Molares.
Dada a relevancia deste acontecemento visitounos a PRENSA e a TVG.
Incluimos algúns dos artigos de prensa e un video da filmación da Televisión Galega.

Clica neste enlace se queres acceder ao video da TVG:
PLANTACIÓN ESCOLAR: Froita Autóctona do Eume.
O NOSO ÁLBUM DE FOTOS
Os nosos parabéns á Asociación AGAFA pola súa labor, e moita sorte na súa iniciada andadura.


1 comentario:
Saímos moi guapos na tele, sobre todo David que chupou moita cámara.
Publicar un comentario