Pero, coma sempre, cos seus mandatos:
O Luns, todo ao revés, a camisa por riba do xersei.
O Martes, terás que por, calcetíns de cor, por encima do pantalón.
O Mércores, para celebrar a PAZ, pinta a túa faz.
O Xoves, pon moita cor, coa toalla ou o albornoz.
O Venres, celebramos o ENTROIDO máis bailón de todos os que acordamos:
"BATUKANDRADE"
Cada ciclo sorprendeunos cun baile de BATUKA:
Educación Infantil: Bailaron unha samba batukeira, "CHI-KI-CHA".
1º Ciclo de Primaria: Bailaron unha batuka-salsa, "ES MEJOR BAILAR".
2º Ciclo de Primaria: Bailaron a ritmo de cumbia, un tema de batuka titulado: "BANDOLERA"
3º Ciclo de primaria: Puxeron o broche final, cunha actuación espectacular, dun tema de batuka, rumba flamenca, titulada: "ESTA PENA MÍA".
Ao remate, para recuperar enerxías despois de tanto bailoteo, tivemos degustación de
postres típicos de Entroido.
Todos/as dende o cole de Andrade desexamos un
"FELIZ ENTROIDO 2008"
(Especialmente aos visitantes do noso blog)
2 comentarios:
Vaia festa máis divertida,creédeme eu estiven alí e pódovolo corrovorar.Moita batuka e uns postres deliciosos..VIVA O ENTROIDO DE ANDRADE!
Crisber
Pois síntome felicitada por este blog porque son unha asidua visitante; así que vos devolvo os bos desexos dun Feliz Entroido e douvos a noraboa polas vosas actividades. Un saúdo agarimoso desde a Biblioteca do CEIP de Pazos.
Publicar un comentario