3/2/08

DESEXOS DE PAZ

Con motivo da celebración do DÍA DA PAZ, fixemos unha exposición, no porche do colexio,
cos murais elaborados por alumnos/as de todos os cursos, dende infantil ata 6º de Primaria:

OS GLOBOS DOS DESEXOS:
Os alumnos/as de cada ciclo expresaron nun globo os seus desexos de PAZ.

A ÁRBORE DA PAZ:
Cada neno/a aportou o seu desexo escrito sobre unha plantilla, feita coas súas
mans, e todas penduradas da árbore.

A PAZ NO MUNDO:
Murais de PAZ rodeados de carteis coa palabra Paz escrita en linguas diversas.




1 comentario:

O Segrel do Penedo dijo...

Dende o IES de Fene sumámonos aos vosos desexos. O noso é "Que non se queden nos desexos dun día, senón que sexan os desexos que guíen todos os días da nosa vida”
Apertas

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails