11/5/20

Letras galegas 2020






Este ano 2020 adícase este día a Ricardo Carballo Calero e con motivo da celebración, compartimos con vós unha lectura moi especial. Trátase dunha adaptación libre do conto "As pitas baixo a choiva" que esperamos que disfrutedes moito!






Ademáis, a editorial Embora compartiu o libro de balde así que, se vos apetece, podedes desfrutar do texto orixinal neste enlace: As pitas baixo a choiva



Ademais, Raioteca e Lorolareto teñen unha nova proposta para vós!

Nesta ocasión, e despois de ver coma Carballo Calero conta en "As pitas baixo a choiva" unha historia que lle aconteceu de pequeno, pedimos que gravedes un pequeno vídeo narrando a vosa propia historia! En galego claro!


Logo, podedes envialo ao correo (indicando nome, apelidos e curso)

ceipdeandrade5@gmail.com

e as compartiremos no blog!






Xa por último, recordarvos que clicando aquí podedes volver a escoitar o programa de radio que se fixo o ano pasado por mor deste día!
 
Pinchando na imaxe  
PRIMAVERA das Letras poderás desfrutar dun feixe de actividades para aprender sobre Carballo Calero.
https://primaveradasletras.gal/

No hay comentarios:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails