18/2/20

DÍA DA PAZ

Neste 30 de xaneiro, para conmemorar o día internacional do Día da Paz, Raioteca agasallounos cun libro espectacular escrito por Paula Merlán , Pilar  López Ávila e ilustrado por Concha Pasamar.

Cada curso preparou un papaventos , onde contaban os soños de diferentes nenos e nenas do Mundo: Exipto, Ucrania, Portugal, Amazonia, Madagascar, Haiti. 

Cada papaventos tiña os soños nas tres linguas: castelán, galego e inglés.

Tamén fixeron un papaventos cos soños da rapazada do noso colexio.

Abofé que foi todo un descubrimento este libro que está feito de Papel de Pedra.


Esperamos que os soños de TODOS e TODAS poidan facerse realidade.

APERTAS DE ESPERANZA,

que voan polo MUNDO 

co  Papaventos dos Soños.



No hay comentarios:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails