Este mes de abril, onde o vindeiro 23 celebraremos,
o DÍA DO LIBRO,
xa empezamos o mes con dous contacontos, moi especiais.
O 1 de abril con Iago López, e o seu libro " O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas", todo un espectáculo de sabiduría, diversión e comida divertida.
O 8 de abril , visitounos Celtia Figueiras, unha artista dos monicreques e amante do teatro, para presentarnos o seu libro "Cantamos?", onde unha nena chamada Rosi , que lle encanta a música e os contos, descobre que os contos tamén se poden cantar.
Tivemos a sorte dende a nosa radio Lorolareto , de poder facerlle unha entrevista , que podedes escoitar e desfrutar sen fin, para saber máis desta artista intrépida e talentosa.
Grazas a estes dous artistazos , por vir a contar contos ao noso colexio.
Agora sen esperar máis , imos escoitar esta curiosa entrevista que Martín e Sara de 6º de Primaria, fixeron a Celtia Figueiras.
Grazas Celtia por compartir connosco , feitos importantes da túa vida.
Música: CD do conto de Celtia Figueiras " Cantamos?" Cancións de Luis Vallecillo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario