Este ano o lema foi: "O Entroido máis enxebre".
Enlazando co noso PDI anual: "A cultura popular do lugar onde vivimos", propuxemos realizar un desfile de disfraces, que non foxen mercados, senón elaborados con roupa e accesorios que tiveran pola casa, e facendo referencia ao popular.
Cada alumn@ que quixo participar no desfile tivo que traer unha tarxeta cuberta co nome do disfrace, unha breve descrición divertida e o nome do deseñad@r.
Aos participantes entregámoslles un diploma de participación e un pequeno agasallo.
Rematamos a festa cunha degustación de postres típicos da nosa zona.
Recompilación de Recursos Entroido para traballar na aula, elaborada no Ceip Mestres Goldar-Vigo: AQUÍ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario