29/2/16

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA.

A AELG propuxo celebrar este día convidando a facer un envío ás familias dunha tarxeta e unha flor. Esta asociación busca desde 2011 institucionalizar o 24 de febreiro como unha xornada de celebración da nosa literatura, animando á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor nese día.
No noso colexio unímonos a esa iniciativa e cada un dos alumnos e alumnas levaron ás súas casa unha tarxeta cun debuxo dunha poesía de Rosalía, e un fragmento dun poema que Manuel María adicou a Rosalía, titulado "Oración Galega a Rosalía".



ORACIÓN GALEGA A ROSALÍA

Grazas, nai Rosalía, por nos dares
un idioma novo e ben luído.

Grazas pola fala e por cantares
o noso pobo, humilde e esquecido.

Grazas, nai Rosalía, pola pura
e fonda canción que ti cantaches
tan chea de verdade e fermosura.
Grazas pola fala que salvaches!


Grazas, nai Rosalía, polo feito
de recobrar o idioma e a canción,
As palabras que enchen todo o peito
e poden aquecer o corazón…!





Grazas, nai Rosalía, por saberes
marcarnos o destino e o vieiro.
Grazas, nai Rosalía, por faceres 
un milagre puro e verdadeiro!



De Manuel María a Rosalía, 1971

O venres 26 xuntámonos no salón de actos para homenaxear a Rosalía. Comezamos lendo unha breve presentación da súa vida e obra, e respostando unhas preguntas, despois cada curso recitou un fragmento do poema, e para rematar cantamos tod@s xunt@s "Poemiña para namorar unha rosa", tamén escrito por Manuel María.
GRAZAS ROSALÍA!!!











No hay comentarios:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails