13/5/10

VIAXE AO COUREL.

O alumnado do 3º ciclo fixo unha visita guiada ao Courel. Unha monitora foilles explicando as peculiaridades da Flora e Fauna da zona. O máis emocionante foi que puideron ler os poemas de Uxío Novoneyra "in situ" onde naceron, medraron e viron a luz. Poemas adicados á paisaxe, aos arredores da súa casa, no seu banco favorito, no seu cuarto...
Tiveron a gran sorte de coincidir na casa de Uxío coa súa muller, Elba, que moi amablemente, lles amosou todas as dependencias e ademais compartíu con eles, a lectura de poemas e escribiunos unha dedicatoria, no libro "Os Eidos", que gardaremos con moito agarimo na nosa biblioteca.
Moitas grazas Elba!!!
Esperamos ansios@s a túa visita ao colexio.

5 comentarios:

Elba muller de Uxio dijo...

Hola son Elba vos queria dicir
que non vos contestei porque estiven moi liada.
Vos teño que dicir que non podo ir
o luns 26 e que ese dia teño que ir ao médico.
Enton que día poderei ir.
E que estou un pouco mal.
E o meu corpo necesita descanso.
O SINTO MOITISIMO
UN SAUDO ÁNXELES.

Encarna dijo...

O primeiro de todo desexámosche que descanses e te recuperes. Decímosche os días que temos ocupados: 8,14,15,16 e 18 de xuño, e logo ti decides cando poidas vir. Se te queres comunicar personalmente con nós, o teléfono é: 981432533, estamos no centro de 9.30 a 14.30.
Un bico e ánimo.
Ánxeles.

Chispa dijo...

Que actividade tan preciosa! Dádesme unha envexaaaaa...
esa si que é unha marabillosa forma de vivir a poesía.
Apertas agarimosas desde a biblio do CEIP de Pazos.

A filla de Elba dijo...

Hola son a filla de Elba me dixo a miña nai que vos dixera que non pode ir esta moi mal.
Non vos quere dicir o que ten xa vos o imaxinades.Eunha enfirmidade moi mala.
Esta no hospital dixo que pao curso que ven ao mellor en setembro.

fan de Raioteca dijo...

E a min encantame Raioteca porque hai moitos libros...e tamen porque hai moitos nenos es nenas.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails