2/5/10

Cada día do ano é o "Día da nai"

Diferentes ilustradores móstrannos a súa visión da maternidade, cunha mirada diversa, desde idades diferentes e sempre creando un fio de amor entre nais e fill@s.
Vía Pinzellades al món
(Para velo en pantalla completa, preme no recadro da dereita)

Un dos poemas gañadores do certame de Poesía celebrado no colexio: "Muller e Poesía:

Mamá, cando comeza o día

e me teño que levantar

anque che pareza unha tontería

alégrome que me veñas espertar.

Na orella fálasme baixiño

e os ollos empezo a abrir

eu dígoche "deixame outro pouquiño"

e coa túa mirada fasme sorrir.

Entón abrázasme moi forte

e dígoche "non podo respirar"

mentras penso na gran sorte

que sexas tí quen me esperta, mamá.

Francisco Silva Díaz, 3º Primaria

1 comentario:

LIBROUCHO dijo...

Precioso poema. Nese cole hai moi bos poetas.Noraboa!!
Un saúdo desde Cabanas.
Libroucho.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails