9/3/09

GRAFFITI no "Recanto dos Contos"

Grazas ao aumento de presuposto da biblioteca, pola inclusión no PLAMBE, durante este curso puidemos materializar un proxecto que tiñamos en mente dende fai algún tempo.

Non temos posibilidade de aumentar o espazo físico da biblioteca, e cando queremos reunir a un grupo numeroso de alumnos e alumnas, sobre todo para algunhas actividades conxuntas, quédanos moi pequena.

Entón decidimos crear ese espazo, chamado "Recanto dos Contos", nun soto, que nun principio foi un ximnasio e últimamente quedara convertido nun almacén de mesas e sillas.

Comezamos pintando e poñendo unha iluminación adecuada e pensamos nun graffiti para decoralo, e aí temos a Abraham mans á obra. Os resultados saltan á vista, nós estamos encantados, xa case está preparado.

Pensamos que Abril pode ser un bo mes para a súa inauguración.
Dende aquí queremos darlle a NORABOA a Abraham polo seu traballo.

GRAFFITI no "Recanto dos contos" on PhotoPeach



3 comentarios:

Anónimo dijo...

Precioso! Quedou ben bonito este recanto!
Este graffiteiro ten madeira e vós unhas ideas fantásticas!
PARABÉNS!!

Bicos ratunos

BIBLIOCERVO dijo...

Moi chulo, lástima que non estivera máis preto o grafiteiro, que traballo non lle ía faltar...
Saúdos dende Cervo-Lugo

gloria dijo...

Es precioso! Enhorabuena!
Gloria

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails