As 11:30 xuntámonos todas e todos na BIBLIOTECA para realizar varias actividades con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO .
- En primeiro lugar os alumnos e alumnas de 6º curso explicáronnos a razón pola que a UNESCO elexiu este día en concreto, un 23 de Abril. Tamén nos contaron que nesta data en España faise entrega dos "Premios Cervantes" que son o galardón máis importante para os autores hispanos.


A continuación fixemos unha lectura do Quixote,unha adaptación de Carmen Gil. Cada ciclo representou unha personaxe: E.Infantil e 1º Ciclo a Don Quixote. 2º Ciclo a Sancho Panza e no 3º Ciclo, 5º encargouse de Dulcinea e 6º de Rocinante. Léronse uns versos moi divertidos e ao remate houbo adiviñas, para descubrir de que personaxe se trataba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario