O xoves 22 de Novembro, a nosa mascota, RAIOTECA, convocounos para dar as grazas a todos os participantes que fixeron posible a creación dos libros: "Receitas de Outono" e "Receitas de Bruxos". Houbo agasallos para todos e todas e especialmente para as receitas máis votadas, xa que a cada unha asignámoslle un número e despois de estar expostas durante aproximadamente dúas semanas, todos os alumnos/as do Centro votaron a receita que lles pareceu máis orixinal, sabrosa, mellor presentada ,etc.
Ese día os rapaces e rapazas de 1º e 2º representaron unha das súas receitas de bruxos e ao remate houbo degustación dun bizcoito de froitasde Outono, elaborado polos alumnos/as.
"RECEITAS DE BRUXOS" é unha recopilación de receitas elaboradas polos nenos e nenas de 1º e 2º curso. Están feitas cos ingredientes máis insospeitados: sapos, pelos de rato, cobras, arañas, lesmas...
Grazas á colaboración de todas e todos os alumnos/as do colexio, creamos dous novos libros para a nosa Biblioteca: "RECEITAS DE OUTONO"e"RECEITAS DE BRUXOS". As "Receitas de Outono" divídense en catro apartados: -. Receitas con castañas e noces -. Receitas con mazás -. Receitas con cabaza -.E outros ingredientes propios do outono . Os creadores da portada son os nenos/as de E. Infantil de 4 e 5 anos. Os creadores da contraportada os alumnos/as de E.Infantil de 3 anos. Ahí tedes unha pequena recopilación dalgunhas das receitas. Hai moitas máis.
O Martes 30 de Outubro todos os alumnos/as do CEIP de Andrade partimos cara Santiago para facer un montón de actividades: Visita ao PARLAMENTO GALEGO, coa realización dun taller de Reciclaxe de papel. Visita a GALICIA DIXITAL ,con viaxe submarina polo mar de Galicia, destellos en 3 dimensións, montaña rusa, percorridos virtuais, imaxes panorámicas de 360 graos de lugares emblemáticos galegos. E por último, por suposto ,unha visita á CATEDRAL. Foi unha saída moi aproveitada e que todos e todas disfrutamos moito. Agora faremos unha exposición cos traballos inspirados nestas experiencias tan intensas vividas en Santiago. Seguro que saíran cousas moi interesantes. RAIOTECA espera con ansiedade.