28/11/07

XUNTANZA NA BIBLIOTECA

O xoves 22 de Novembro, a nosa mascota, RAIOTECA, convocounos para dar as grazas a todos os participantes que fixeron posible a creación dos libros: "Receitas de Outono" e "Receitas de Bruxos". Houbo agasallos para todos e todas e especialmente para as receitas máis votadas, xa que a cada unha asignámoslle un número e despois de estar expostas durante aproximadamente dúas semanas, todos os alumnos/as do Centro votaron a receita que lles pareceu máis orixinal, sabrosa, mellor presentada ,etc.

Ese día os rapaces e rapazas de 1º e 2º representaron unha das súas receitas de bruxos e ao remate houbo degustación dun bizcoito de froitas de Outono, elaborado polos alumnos/as.


1 comentario:

Rosana Rodiles dijo...

Moitas grazas polos teus comentarios, "encargada da biblioteca de Andrade", ha, ha!
Xa vexo que non parades de traballar. Felicidades e un saúdo agarimoso desde o CEIP de Pazos.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails