Este día non é só unha data no calendario, é un chamamento á conciencia colectiva, unha oportunidade para alzar a voz contra unha das maiores inxustizas que aínda persisten na nosa sociedade: a violencia de xénero.
Por iso no noso centro, estivemos moi activos e activas, para non permanecer indiferentes. A violencia de xénero é unha cuestión social, unha responsabilidade colectiva. Cada persoa, cada institución, cada comunidade ten un papel fundamental na súa erradicación. É necesario educar en igualdade, fomentar o respecto e promover relacións baseadas na empatía e na liberdade.
Deixámosvos cunha recopilación das diferentes actividades, obradoiros, etc,..., que ao longo destes días estivemos a realizar para que este 25 de novembro non quede só nas palabras e que xuntas e xuntos, construamos un futuro libre de violencia. Un futuro no que o respecto e a igualdade sexan a base da convivencia. Porque sen igualdade, non hai xustiza. E sen xustiza, non hai paz.
.png)
No hay comentarios:
Publicar un comentario