Amina é a filla dun poderoso xeque árabe. O que máis desexa é aprender a montar a cabalo, pero no seu pobo non está permitido que as mulleres practiquen a equitación. Un día, Amina coñece a Tarik, que lle ensina a montar e as cousas empezarán a cambiar...
Un grupo de alumnas e alumnos do colexio participaron no X concurso de relato oral "Tiralle da Lingua", que é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias... A nosa contada foi o relato: "Orellas debolboreta" da Editorial kalandraka, escrito por Luisa Aguilar e ilustrado por André Neves.
Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou regordecho... Ata a característica máis nimia pode ser motivo de parodia entre uns nenos e outros...
Diferentes ilustradores móstrannos a súa visión da maternidade, cunha mirada diversa, desde idades diferentes e sempre creando un fio de amor entre nais e fill@s. Vía Pinzellades al món (Para velo en pantalla completa, preme no recadro da dereita)
Un dos poemas gañadores do certame de Poesía celebrado no colexio: "Muller e Poesía:
Dentro das actividades programadas pola biblioteca, para este mes de abril ,estaba a visita da poetisa ferrolá Juana Corsina ,para realizar unha actividade poética co alumnado do 2º e 3º ciclo de Primaria. O luns 26, chegou por fin, o momento de recibila. Foi unha sesión moi emotiva; en primeiro lugar os alumnos e alumnas gañadores do certame de poesía celebrado no colexio: "Muller e poesía", recitaron os seus poemas, pero non só os/as gañadores/as, senón que Juana fixo que un montón de nenas e nenos a acompañaran na lectura de poemas de todo tipo. O máis emocionante foi cando nos leu algúns dos seus poemas, que denotan a súa gran sensibilidade. Tamén nos contou que hai pouco creou un blog chamado "Cantera de Poetas" , a través del podemos estar en contacto e consultarlle calquera dúbida poética. Ao remate agasallounos cun exemplar asinado de "Vaguadas del pensamiento", un poemario editado no ano 2008. Pero o mellor agasallo foi un poema adicado a todos e todas nós:
Dentro do proxecto "Recuperando a memoria" fixemos unha recompilación de respostas dalgúns avós e avoas á pregunta PARA QUE LES?. Esta é a nosa pequena aportación a este gran traballo das Bibliotecas Escolares Galegas.
"Nací a la edad de seis años cuando terminé de leer mi primer libro... " Así comeza Charo Pita o relato da súa vida. Unha das actividades programadas neste mes de abril, para o alumnado de infantil e 1º ciclo, foi a visita desta fantástica autora e narradora galega. Previamente lemos dous dos seus relatos: "Velliñas" e "Igor". É unha contacontos excepcional que nos fixo pasar uns momentos inolvidables. Moitas grazas Charo e ata pronto!!! Aquí deixamos unha pequena reportaxe fotográfica desta actividade.
"Los libros son a la vez obras de arte y ciencia, y vectores de ideas. Plasman de manera magnífica las diversidades creadoras. Conducen al conocimiento universal y participan en el diálogo entre las culturas. Son instrumentos de paz..." (Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, co motivo do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor) Durante este mes de abril no colexio realizamos moitas actividades relacionadas cos LIBROS. Unha delas foi a de elixir o noso libro favorito; o venres 23 de abril léronse algunhas desas tarxetas que explicaban as razóns que facían que fose o libro que recomendaríamos ás nosas compañeiras e compañeiros. Ese día RAIOTECA trouxo uns agasallos para os/as millores lectores/as de cada curso e un libriño para cada alumn@ coa recompilación dos poemas gañadores do certame de poesia celebrado no colexio no mes de marzo deste ano 2010. Xa para rematar fixemos, mediante sorteo, intercambio das recomendacións dos NOSOS LIBROS FAVORITOS. Cada un de nós levou a tarxeta dun compañeiro/a do ciclo. Tamén anunciamos que, durante a vindeira semana, haberá nesas mesmas árbores, onde estaban as nosas tarxetas, e en dous paneis na 1ª planta unha exposición titulada: PARA QUE LES? Con respostas de xente famosa e outra non tan famosa...E un montón de actividades sorpresa relacionadas con esa exposición.
Dentro do proxecto "LECTURAS COMPARTIDAS", que comezamos o curso pasado, o alumnado do 3º ciclo e de 4º curso de Primaria comparte lecturas coas nenas e nenos de Educación Infantil, 1º ciclo e 3º curso de Primaria. Os padriños e madriñas preparan o conto que lle van ler aos seus afillad@s e ao día seguinte, na "Hora de Ler", acoden ás aulas a buscalos; Os padriños e madriñas elixen o libro e o lugar onde queren estar. Pode ser en calquera sitio do colexio. Neste caso ben podemos dicir que: "Unha imaxe vale máis que mil palabras":
No lateral esquerdo do blog no apartado de ACTIVIDADES TIC temos o enlace a unha webquest e dúas cazas do tesouro sobre o "Día do Libro", para o alumnado do 3º ciclo.
Tamén durante este mes de abril realizaremos un mercadillo de libros procedentes dunha doazón da nai de dúas alumnas do colexio; son libros para adultos e que os pais/nais poden adquirir ao precio simbólico dun euro. Os cartos recadados serán para axuda da excursión do alumnado de 6º curso.
A nosa primeira lectura, como membros do club RAIOLECTORES, foi "Palabras de Caramelo", escrito por Gonzalo Moure, que en agradecemento enviounos esta mensaxe. Para nós foi un precioso agasallo:
"Qué puedo deciros... En mi nombre, gracias. En nombre de Kori, de todos los niños saharauis: es emocionante compartir la vida a través de ese mecanismo mágico que se llama libro. Soy porque me leéis, soy en vuestro corazón. Por eso, cada vez que abrís el libro, mi corazón vuelve a latir. Y Caramelo no dicta solo las poesías que hay en el libro: a cada uno de vosotros os dicta una, solo para ti. Algún día compartiremos algo, seguro. Un viaje, otro libro, un sueño. Y, si puedo, os enviaré a Gonzalo, a que os cuente misterios y estrellas de la noche saharaui... "