29/11/19
ENTREVISTA Ó CASTAÑEIRO
APROVEITANDO QUE TIÑAMOS UN CASTAÑEIRO NO MAGOSTO PARA ASAR CASTAÑAS, ALGÚNS DOS ALUMNOS/AS DE 5º DE PRIMARIA, ANIMÁRONSE A FACERLLE UNHA ENTREVISTA A EL E Ó SEU FILLO, O QUE ESTÁ A HERDAR DO SEU PAI ESTE OFICIO TAN ENTRAÑABLE.
FOI UN VERDADEIRO PRACER CONTAR CON ELES NESTE DÍA TAN ENXEBRE, E SOBRE TODO AGRADECERLLES A SÚA AMABILIDADE POR PRESTARNOS PARTE DO SEU TEMPO NA ENTREVISTA QUE SE LLES PREPAROU.
DÉIXOVOS COA ENTREVISTA!!!
Micros todos abertos,
dende a Radio Lorolareto,
para soñar espertos,
dende as ondas do Eume.
Agradecementos a:
Locutores: Uxía e Iago
Técnicas: Sarai e Nerea
26/10/19

REPRESENTACIÓN DE
"SEMENTES DE PAPEL"
TEXTOS E ILUSTRACIÓNS
Bea e Silvia Gil
Este magnífico conto, ensínanos o importante que é coidar o noso PLANETA, facendo un bo uso do PAPEL, para deste xeito concienciar de non cortar árbores sen control algún.
A súa mensaxe é extraordinaria e desexamos que con ela, todos e todas poidamos mentalizarnos da importancia dos bosques, pois son os nosos pulmóns, que debemos coidar e mimar sempre.
O pasado 18 de outubro , o alumnado de 5º de Primaria, prantou unhas excelentes sementes para concienciar ao alumnado e profesorado da importancia dos nosos bosques, a través da representación deste fermoso conto.
Fixérono moi ben!!!
Para que estas sementes xerminen correctamente, debemos seguir mimándoas con moita conciencia e cariño para conseguir un Planeta mellor.
Ánimo, está nas nosas mans!!!
PD: Grazas a Iván e Lucía, que presentaron o conto.
MOCHILAS VERDEMÁN
Este curso 2019/2020 as MOCHILAS VIAXEIRAS transformáronse en MOCHILAS VERDEMÁN, pois como ben todos e todas xa sabedes, o noso Proxecto de centro está relacionado coa RECICLAXE, polo que precisamos que as familias aportedes información de moitas cousas relacionadas coa temática, que pouco a pouco teredes que traernos na mochila verdemán.
Moitas grazas FAMILIAS pola vosa colaboración!!!
PARABÉNS ao alumnado e profesorado de 1º e 2º dePrimaria,
que representou o conto "Capitán Verdemán" con moita creatividade e entusiasmo.
E non quero esquecer aos presentadores dese día: Pau, Dafne e Iria que o fixeron moi ben.
OBRADOIRO DA RADIO OUTUBRO 2019
OLA DE NOVO , RADIOOÍNTES!!!
O PASADO MES DE OUTUBRO TIVEMOS , COMO BEN SABEDES OS BIBLIOTECARIOS/AS
DE 5º E 6º DE PRIMARIA, UN GRATIFICANTE E PRODUTIVO OBRADOIRO DA RADIO,
ONDE ESTIVEMOS PRANTANDO MÁIS SEMENTES DE ORALIDADE, PARA NESTE
CURSO 2019/2020 FACER OS NOSOS DIRECTOS NA HORA DO RECREO.
SOAMENTE ESPERO COMO MASCOTA DA VOSA RADIO, QUE TODOS E TODAS
PASEDES POLO NOSO ESTUDO DE GRAVACIÓN E APRENDADES DESFRUTANDO
DESTA FERRAMENTA TAN EDUCATIVA E MOTIVADORA.
Micros todos abertos,
na radio Lorolareto,
para soñar espertos,
dende as ondas do Eume.
PD: Esquecía decirvos, que esta semana vindeira xa faremos radio no noso novo estudo.
SEMENTES DE PAPEL - PDI 2019/2020















PDI CURSO 2019/ 2020
Ola rapazada!!!
Neste curso, vouvos propoñer unha tarefa "MOI IMPORTANTE" que trata
sobre a RECICLAXE e coidado do noso PLANETA.
Por iso como xa todos e todas sabedes, este curso presenteivos a un novo amigo
que sabe moito de como reciclar; a que xa sabedes de quen vos estou a falar?
Abofé que si!!!
O meu amigo Capitán Verdemán,
el é todo un superheroe da reciclaxe,
onde ten moi claro que
para o Planeta salvar,
en CLAVE "R"
debemos pensar.
Esperamos , tanto eu como o meu amigo, que aprendamos moito e poñamos en acción
todo o coñecemento que vaiamos aprendendo, para este problema da contaminación,
quentamento global, cambio climático,... poidamos mellorar e ao noso Planeta salvar.
Ánimo e moitas gañas !!!
26/6/19
LECTURAS VERÁN 2019
Raioteca agasállanos cunha refrescante
guía de lecturas de verán.
Boas vacacións a tod@s, e felices lecturas.
25/6/19
DESPEDIDA DOS BIBLIOTECARIOS E BIBLIOTECARIAS
Moitas grazas a todos e a todas pola vosa colaboración!!!
Espero que a rapazada de 5º volva a esta nosa biblioteca con moito entusiamo, para seguir facendo tarefas que promocionen a lectura e todo o máxico que ten unha biblioteca, e ademais, participando e colaborando na nosa Radio Lorolareto, para mostrar dende as ondas do Eume, o traballo que se fai dende o colexio.
Por outra banda, dar as grazas e a despedida a todo alumnado de 6º que se vai para Secundaria.Espero e desexo que continúen sendo bibliotecarios e que aquí está a vosa biblioteca e a vosa radio.
Bo camiño!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













