Territorio Das Artes by Alejandra Villanueva Fernández on Scribd
8/6/17
21/5/17
Montando Escornabot: Vídeo práctico
Xa estamos listos para montar os nosos Escornabot e para non esquecernos de ningún paso aquí vos deixamos un vídeo práctico.
PROPOSTA DO DÍA DO LIBRO 2017:
Esta é a historia dun pai e dunha nena... Non, mellor non... Esta é a historia dun pai e dun neno... Tampouco... Esta non é ningunha historia. “Cousas de papá” é un libro de poemas escritos por un pai algo tolo e moi divertido, que viaxa en vasoira, constrúe hidroavións de papel, escorrenta os pesadelos e domina á perfección a linguaxe da fantasía. Das dezasete composicións que conforman o poemario, dez están musicadas por Héctor Lorenzo no CD que acompaña o libro. Música e poesía para xogar cos versos. Unha fantástica proposta de Raioteca para o alumnado de Educación Infantil polo día do libro deste ano.
PROPOSTA DÍA DO LIBRO 2017: OBRADOIRO KALANDRAKA
O pasado venres día 19 de maio a Editorial Kalandraka propúxolle aos nenos/as de 5º e 6º curso de Educación Primaria un obradoiro de escrita. O ilustrador Pablo Otero, acompañóunos nunha mañá moi creativa na que os rapaces tiveron que elaborar unhas postais moi orixinais partindo dunha foto antiga e un obxecto. Parabéns! O resumo desta mañá en imaxes.
Este ano Raioteca seleccionou unha serie de libros relacionados co Proxecto Interdisciplinar de Centro "Hábitos de vida saudable". Neste caso A cociña de Toto Murube foi o punto de partida para este obradoiro.
A persoaxe principal deste libro chámase Toto Murube, o cal non tivo sorte na vida; de condición humilde,
non puido estudar, nin sequera aprendeu a ler. Quizais por iso
era un mendigo máis a vagar pola gran cidade. Algunhas noites,
mentres durmía no chan do caixeiro dun banco, soñaba
que a súa sorte cambiaría e que chegaría a comer o mundo.
Que inxenuo, verdade? Aínda que… ás veces, a realidade
supera ata os mesmos soños.
Despois de “Sopa de soño”, José Antonio Ramírez Lozano volve
apostar pola gastronomía das palabras e da imaxinación cunha
divertida historia ambientada nun contexto que non é alleo
ás adversidades do noso tempo. No restaurante máxico de Toto
Murube non hai garfos nin culleres, nin fumes nin restos
de comida. As súas receitas sacian e alimentan a fame
do mundo enteiro: ensalada de etiquetas, filetes de capricornio,
peras en verso... Menús insólitos e saudables que fortalecen
a creatividade dos comensais/lectores.
Pablo Otero acompaña este exótico recetario cunhas
ilustracións sinxelas que xogan coa cor, coa xeometría
e co alfabeto.
José Antonio Ramírez Lozano
(Nogales, Badaxoz, 1950)
Poeta, narrador e profesor de Literatura en Educación
Secundaria. É autor de varios libros de narrativa e de
relato xuvenil; entre eles, “Sopa de soño e outras
receitas de cocociña” (Kalandraka). Na súa ampla
traxectoria recibiu máis dunha vintena de premios,
entre os que figuran o Juan Ramón Jiménez, o Rafael
Alberti e o VIII Premio Nacional de Poesía Real Sitio y
Villa de Aranjuez.
Pablo Otero
(Ourense, 1970)
Estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Os seus debuxos, esculturas e pinturas expuxéronse
en diversas galerías galegas. A súa traxectoria artística
tamén está relacionada coas escenografías para
teatro e a creación de cartaces. Recibiu, entre outras
distincións, o 1º premio de escultura no I Salón de
Arte Xove de Ourense (1992) e un accésit do Premio
Lazarillo. Como ilustrador, destacan títulos como “O
príncipe das sombras”, “Gramática da fantasía”,
“Contos por teléfono” (Premio Isaac Díaz Pardo de
Ilustración 2011, Asociación Galega de Editores) e,
tamén como autor, “ABCdiario” (Kalandraka).
13/5/17
NOTICIÓN, NOTICIÓN
No
mes de abril presentámonos a convocatoria da Dirección Xeral de
Centros e Recursos Humanos, no contexto do Plan LÍA de bibliotecas escolares
(Lectura, Información, Aprendizaxe), do proxecto "Escornabots na biblioteca
escolar", para a introdución dos robots e da linguaxe de programación nas
bibliotecas escolares dos centros que matriculan alumnado de educación infantil
e primaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares.
Este
programa, iniciado en 2016, pretende
estimular a iniciación do alumnado de infantil e primaria no campo da robótica
e na linguaxe de programación a través de actividades manipulativas e
outras, programadas desde a biblioteca
escolar, mediante a utilización de pequenos robots, os Escornabots, deseñados
dentro dun proxecto de hardware libre, cunha evolución aberta á comunidade.
Búscase, así mesmo, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a
expresión oral, a alfabetización múltiple, o razoamento lóxico, a aprendizaxe
manipulativa, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo de profesorado
e alumnado.
E a
gran NOTICIA é que o próximo ano chegan OS ESCORNABOTS. Esta iniciativa
intégrase no contexto dun modelo de biblioteca aberto ás distintas linguaxes co
fin de favorecer a alfabetización múltiple , no que se promove a expresión
oral, a aprendizaxe manipulativa, o xogo, a investigación e o traballo
colaborativo de profesorado e alumnado.
Estamos
emocionados...
Se premedes na imaxe podedes acceder a máis información deste proxecto.
Se premedes na imaxe podedes acceder a máis información deste proxecto.
11/5/17
PROXECTO DÍA DO LIBRO 2017.
Seguindo o PDI do Centro: "Hábitos saudables", dende a Biblioteca, plantexamos a elaboración dun álbum ilustrado no que participe todo o alumnado. O tema: "Alimentación Saudable", e o título será elixido unha vez rematado o traballo.
Faremos fotos dos nen@s que representen o texto con formato viñetas, bocadillos ou pé de foto.
Apartados:
1.- As catro comidas do día (Ed. Infantil)
2.- Consellos para as túas comidas. (1º e 2º curso)
3.- Aprendemos a comer. (3º e 4º curso)
4.- Coñece os alimentos (5º e 6º)
Este é o fantástico resultado final.
Faremos fotos dos nen@s que representen o texto con formato viñetas, bocadillos ou pé de foto.
Apartados:
1.- As catro comidas do día (Ed. Infantil)
2.- Consellos para as túas comidas. (1º e 2º curso)
3.- Aprendemos a comer. (3º e 4º curso)
4.- Coñece os alimentos (5º e 6º)
Este é o fantástico resultado final.
Parabéns a todos e todas polo voso traballo!!!!!
4/5/17
SEMANA DO LIBRO 2017: Apadriñamentos lectores.
Os padriños e madriñas preparan o conto que lle van ler aos seus afillad@s e ao día seguinte, na "Hora de Ler", acoden ás aulas a buscalos.
Os padriños e madriñas elixen o libro e o lugar onde queren estar. Pode ser en calquera sitio do colexio.
As fotos falan por si solas. A experiencia é moi gratificante.
Parabéns !!!
Apadriñamentos lectores 2017 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
2/4/17
Día da muller traballadora e hábitos de vida sudable.
Co gallo da celebración do Día da muller traballadora (8 de marzo), o Equipo de Dinamización da Língua Galega decidiu invitar a mulleres relacionadas con profesións vinculadas ao Proxecto de Centro que este curso estamos desenvolvendo: "Vida saúdable", neste caso pensamos en alguén vínculada ao mundo do deporte.
O 31 de marzo contamos cunha muller que non só destacou facendo do deporte o eixe da súa vida se non que é unha muller loitadora pola igualdade, no fútbol profesional, entre homes e mulleres.
Andrade en Feminino (1) by Alejandra Villanueva Fernández on Scribd
María Luisa Villa Gutiérrez (Marisa), é a coordinadora da arbitraxe feminina do Comité Técnico de Árbitros Nacional.
Naceu en Puebla de Don Rodrigo (Ciudad Real).
Empezou no mundo do fútbol sendo entrenadora das escolas deportivas do seu pobo, formou equipos en todas as categorías dende as categorías base.
En xuño de 2004 conseguiu pasar á Liga de Fútbol profesional e un ascenso a 2ª división. O 14 de xullo de 2007 convértese na primeira muller árbitra da 1ª división de fútbol.
Marisa, deixou a arbitraxe tras unha brillante traxectoria de 17 anos e case 100 partidos internacionais entre os Xogos Olímpicos e campeonatos da UEFA e da FIFA.
Darlle as grazas a esta muller por aceptar a nosa invitación. Foi unha charla moi enriquecedora que mestres e alumnos desfrutamos.
Falounos da súa profesión e da importancia do deporte na súa vida.
Día Da Muller by Alejandra Villanueva Fernández on Scribd
6/3/17
QUEIMA DOS MECOS VIAXEIROS
O venres 3 de
marzo de 2017 rematou o Entroido no CEIP Plurilingüe de Andrade.
Entérramos as ganas
de troula e gardamos os disfraces.
Queimamos os
mecos viaxeiros deste Entroido inspirado nunha viaxe polo mundo.
Aínda que a
chuvia estivo presente nesta queima fomos capaces de escoitar o Testamento e
queimar os mecos polos males que fixeron.
Aquí tedes un
resumo do acontecido en imaxes.
3/3/17
ENTROIDO 2017: UNHA VIAXE POLO MUNDO
Un ano máis, celebramos o Entroido no CEIP de Andrade. O tema elixido foi unha viaxe polo mundo. Así que os nosos mecos, que son moi viaxeiros, foron por todo o mundo: Asia, América, África, Oceanía...
Os nenos e nenas do cole, prepararon con moita ilusión uns bailes moi marchosos, representando aos distintos continentes do mundo.
Os máis pequenos do cole cruzaron o Océano Atlántico para facer as Américas e ao seu paso por México, descubriron unha danza moi vistosa do estado do Hidalgo. Os bailaríns chamados "matlachines", vestían faldas de cores vivos e túnicas longas.
Os Maoríes foron un pobo moi viaxeiro. Navegando nas súas wakas (canoas) descubriron e colonizaron as illas de Nova Zelanda. Este pobo son os tangata whenua, un pobo indíxena de Nova Zelanda. Chegaron alí fai máis de mil anos dende a súa terra natal na Polinesia de Hawaiki. Hoxe en día, o pobo maorí, representa o 14% da súa poboación.
O alumnado de 1º, prepararou un baile chamado Haka, que este pobo fai con berros e golpes rítmicos para recibir aos visitantes e intimidar aos adversarios.
Na súa andaina polo mundo, estos mecos viaxeiros atoparon moitos nenos e nenas aos que non se lles respectan os seus dereitos. Os rapaces de segundo, prepararon unha canción dos Dereitos Universais, xa que todas as persoas nacemos iguais aínda que teñamos diferentes idiomas, razas ou relixións. Polos distintos países por onde foron pasando estes nenos, fóronse vestindo como os habitantes deses lugares, polo que disfrazáronse con traxes de todo o mundo e cantaron unha canción dos dereitos dos nenos e das nenas.
Os nenos e nenas de terceiro viaxaron a África onde percorreron o famoso deserto do Sáhara. Alí aprenderon unha danza saharaui que troxeron ata Andrade para compartir con todos os asistentes ao festival.

Da súa viaxe a Brasil os alumnos de cuarto, trouxéronnos un baile con ritmo de samba.
Os nenos e nenas de quinto e sexto fixeron unha viaxe a Asia, onde descubriron os avances da industria cinematográfica da India. Fixeron unha representación dunha canción típica dese país chamada "Marjani", un canto a liberdade.
Despois destas actuacións tan boas, compartimos uns doces de Entroido que as familias fixeron na casa.
O Concello de Pontedeume estivo presente no cole, e cando estabamos rematando a degusntación de doces típicos destas festas recibimos a visita duns zancudos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)































