12/11/24

SamaínARTE

    O equipo de dinamización ,estivo organizando xunto co equipo de biblioteca á vindeira semana do Samaín.

As familias xunto co alumnado, participaron na decoración de gorros de bruxa, que están a decorar os nosos corredores, aulas, etc,...

Abofé que lles están quedando terroríficas!!!

Creouse un museo do terror , onde cadros de famosos pintores foron recreados polos diferentes cursos.

Dende a biblioteca, estívose organizando por efemérides dos diferentes meses, obras teatrais para organizar cada nivel educativo. 

Neste mes de novembro, a rapazada de 1º de primaria, será a que nos agasalle cun teatro de sombras.


Tivemos un PhotoCall, onde a rapazada dos diferentes cursos realizou fotografías terroríficas en grupo. Saíron fotos con moita Arte .


A nosa radio Lorolareto, propuxo unha actividade, para que o alumnado que queira, veña e conte o seu medo secreto, polos micros. 

Seguro que resulta todo un éxito!





Raioteca , tamén nos agasallou cunha exposición de libros terroríficos, para este Samaín. 


Deixámosvos cunha recopilación de todo o feito neste Samaín no noso centro.
Abofé que nos divertimos moito e quedou todo fantástico!!!
Grazas a toda a comunidade educativa pola colaboración.
SAMAÍNARTE 2024 de Mila

2 comentarios:

Yéssica Pacheco dijo...

Que grandes artistas hai no cole! :-)

Marcos Dopico Longueira dijo...

Que lindos

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails