15/5/24

MES DAS FLORES E DAS LETRAS


 Este venres 17 de maio é o día das Letras Galegas, o noso cole está preparado para este acontencemento!

Imos facer un mural no patio cuberto combinando a natureza dos Maios e a homenaxeada das letras Galegas Luisa Villalta, temos aquí unha cuña publicitaria para poñervos ao día! 

E agora, despois desta cuña temos algunhas fotos dos nenos de 4º, 5º e 6º organizando os materiais deste mural. 

Esperemos que vos guste!

Aquí vos deixamos cos traballos e os resultados da nosa alfombra floral , para celebrar os maios e as Letras Galegas.

Foi todo un sen fin de emocións, natureza e música chea de sementes galegas!

Grazas a toda a comunidade educativa, pola colaboración e a participación e o seu ben facer.

Parabéns á rapazada que elaborou este podcast, relacionado coa vida de Luísa Villalta, para dar oralidade a esta poetisa e embaixadora da nosa lingua galega polo mundo adiante.

No hay comentarios:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails