22/2/23

DÍA INTERNACIONAL DO SÍNDROME DE ANGELMAN




Este xoves 16 de febreiro tivemos unha grata visita no noso colexio. Emma, unha nena con Síndrome de Angelman, para a que estamos a recoller tapóns para poder axudala.

Foi estupendo poder escoitar a experiencia da familia, para concienciarnos das dificultades desta enfermidade  e ademais movilizar ás persoas e estimular  a recaudación de fondos para destinar recursos á investigación desta enfermidade rara.


Moitas grazas a esta familia por vir ao noso centro, para visibilizar este síndrome e concienciar a toda a comunidade educativa da axuda que precisan.

Agora vos deixamos un pouco de información sobre esta enfermidade rara.

 Dende o ano 2013 cada 15 de febreiro, celébrase o Día Internacional do Síndrome de Angelman

É unha data na que se aproveita para dar a coñecer este trastorno neuroxenético grave, é unha condición pouco común que a padecen unha porcentaxe pequena da  poboación no mundo.

Coa celebración do Día Internacional do Síndrome de Angelman, se busca sensibilizar á sociedade sobre este padecemento que ten orixen xenético, e recaudar fondos para que existan maiores recursos educativos para avanzar nas investigacións sobre a enfermidade e tratar de encontrar unha cura.

É un trastorno descoñecido pola gran maioría da sociedade, foi definido por primeira vez polo pediatra británico Henry Angelman, de alí provén o seu nome. A súa  orixen é xenética e é causado pola pérdida dunha parte do Cromosoma 15.



No hay comentarios:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails