RAIOTECA COA RADIO NA BIBLIO, SEGUIRÁ SENDO POETA. |
O pasado decembro publicouse a resolución da convocatoria de "Radio na Biblio", e fomos elexidos 30 centros de nova incorporación neste curso 2018/2019, mentres que outros 20 continúan tras ser elexidos como programa piloto no curso 2017/2018.
O obxectivo deste programa é que o alumnado avance na adquisición das competencias informacionais e mediáticas, imprescindibles na sociedade actual.
Así mesmo, procúrase estimular o papel das bibliotecas escolares como “centros creativos de aprendizaxes”, tal e como establece o Plan Lía 2016/20.
Asemade, búscase ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo da comunidade educativa. Neste sentido cómpre sinalar que a posta en marcha de iniciativas de radio en centros educativos ten demostrado ser unha boa ferramenta para xerar dinámicas de comunicación, de apoio aos proxectos do centro, dos traballos elaborados polos alumnos, etc...
Este vindeiro 31 de xaneiro, teremos un obradoiro formativo para o sector do alumnado de 5º e 6º de Primaria e profesorado.
Estamos ansiosos por poñer en marcha este novo proxecto dende a biblioteca, que aportará un cambio significativo a nosa biblioteca.
Aprenderemos todos e todas moito!!!
ÁNIMO, rapaces e rapazas!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario