27/11/11

LECTURAS COMPARTIDAS. Recompilación


Unha das actividades desenvolvidas na Biblioteca en colaboración coas familias é a de:
LECTURAS COMPARTIDAS:
Invitamos aos pais, nais ou familiares a que veñan ao colexio e lean aos nenos e nenas un conto, historia ou relato. 
Poden traelo da casa ou elexilo entre os libros da nosa biblioteca.
Quen desexa participar nesta actividade debe cubrir un imprexo.
Cando sabemos con canta xente contamos temos unha xuntanza para organizar as lecturas.
Os nenos/as fan unha pequena presentación e ao remate  entregan un agasallo elaborado por eles e un diploma de contacontos.
Ten tan boa acollida que lle adicamos un día á semana na Hora de Ler.
Aquí deixamos unha recompilación das Lecturas Compartidas do curso 2010-2011:

2 comentarios:

bibliotecadocole dijo...

Que idea tan bonita, encántanos. E o escenario é de conto.
Parabéns

Asesoría Bibliotecas Escolares dijo...

Parabéns!!! Démoslle difusión, polo ben que o explicades e polo coidada que se ve a actividade... no blogue de Hora de ler:
http://bega-horadeler.blogspot.com/

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails