30/6/10

FIN DE CURSO.

Todas as nenas e nenos do colexio preparamos unha homenaxe para o alumnado de 6º curso que inician unha nova andadura coa súa marcha ao instituto o próximo curso. Ao remate celebramos o acto de graduación coa entrega de diplomas e a banda de graduad@s. Tamén fixemos entrega duns agasallos aos encargados e encargadas de biblioteca. Ademais repartimos os diplomas aos mellores lectores deste terceiro trimestre. Foi un acto moi, moi emotivo...


FELICES VACACIÓNS!!!

1 comentario:

Bibliobelesar dijo...

Qué música tan fermosa e emotiva!! Desde logo foi un final de curso feito dende o corazón. Dende Belesar desexámosvos que sexades moi felices este verán, e que sigades traballando tan ben coa bibli...
Biquiños amigos!!!

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails