"Los libros son a la vez obras de arte y ciencia, y vectores de ideas. Plasman de manera magnífica las diversidades creadoras. Conducen al conocimiento universal y participan en el diálogo entre las culturas. Son instrumentos de paz..."
(Mensaxe de Irina Bokova,
Directora Xeral da UNESCO,
co motivo do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor)
Durante este mes de abril no colexio realizamos moitas actividades relacionadas cos LIBROS. Unha delas foi a de elixir o noso libro favorito; o venres 23 de abril léronse algunhas desas tarxetas que explicaban as razóns que facían que fose o libro que recomendaríamos ás nosas compañeiras e compañeiros.
Ese día RAIOTECA trouxo uns agasallos para os/as millores lectores/as de cada curso e un libriño para cada alumn@ coa recompilación dos poemas gañadores do certame de poesia celebrado no colexio no mes de marzo deste ano 2010.
Xa para rematar fixemos, mediante sorteo, intercambio das recomendacións dos NOSOS LIBROS FAVORITOS. Cada un de nós levou a tarxeta dun compañeiro/a do ciclo.
Tamén anunciamos que, durante a vindeira semana, haberá nesas mesmas árbores, onde estaban as nosas tarxetas, e en dous paneis na 1ª planta unha exposición titulada: PARA QUE LES? Con respostas de xente famosa e outra non tan famosa... E un montón de actividades sorpresa relacionadas con esa exposición.
1 comentario:
Moitísimos bicos para todos os nenos, nenas e profes e un grandísimo para Raioteca.
A Pescadora de Historias
Publicar un comentario