11/6/09

O TREN DA LINGUA.

Un ano máis Caixanova volve organizar viaxes curtas en tren para grupos de nenos/as de entre 5 e 8 anos de diversos colexios de toda Galicia. A semana pasada os alumnos e alumnas do noso colexio viaxaron no tren da lingua dende Ferrol ata Betanzos.
Durante a viaxe houbo grupos de animación e conta contos dispostos a incentivar o uso do galego entre os rapaces.
O proxecto trata de que “os nenos descubran o pracer de viaxar en tren, coñezan Galicia a través das súas fiestras e que se acheguen á cultura e o idioma galego dunha forma activa e visual” segundo palabras do director de Relacións de Caixanova.


1 comentario:

sara dijo...

Nos fumos o ano pasado. Foi unha experiencia moi divertida, xa que no tren se pasa moi ben.

Moitos bicos, Raioteca.

Sara

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails