1/6/08

"O País dos Ananos"

O Martes, 27 de Maio, os alumnos/as do 1º, 2º e 3º ciclo de Primaria do noso cole tiveron a oportunidade de visitar un plató de televisión e participar nunha gravación do programa: "O PAÍS DOS ANANOS"

Sinopse de “O país dos ananos”:

Rapaces galegos de Primaria, entre 6 e 11 anos, exporán en voz alta e clara, sen atrancos, a súa visión do mundo, da vida dos adultos e de si mesmos. Saber como viven e como pensan hoxe os nenos e nenas galegas ofrece unha idea de como se irá conformando a sociedade galega do futuro, ou esa é unha das ideas do programa, que está presentado por Belén Regueira e dirixido por María Yánez. Os rapaces e rapazas entrevistarán a persoas galegas coñecidas polo público ou relevantes polo seu traballo a quen poden chegar a retar para realizar algunha acción mellor ca eles. Os nenos/as tamén serán autores de reportaxes realizadas no exterior mediante as que amosarán o mundo desde o seu punto de vista particular.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustoume moito ir ao plató de TV porque a presentadora sentouse ao meu carón. ÓSCAR

Anónimo dijo...

Foi moi divertido porque imos saír na TV galega e coñecimos a xente famosa. Rocio, Laura e Patricia.

Anónimo dijo...

Pasámolo bastante ben, todo foi moi divertido. Lydia

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails