12/12/07

BIBLIOTÓMBOLA DE NADAL




Dende a Biblioteca propoñemos, aproveitando a proximidade das datas
de NADAL, a organización dunha TÓMBOLA DE LIBROS.

BASES:

1.- Para participar nesta actividade, cada alumno/a terá que traer un libro adaptado
á súa idade.
2.- Que sexa un libro que xa fose lido polo alumno/a.
3.- Que o libro estea en bo estado.
4.- O libro terá que vir acompañado dunha ficha, cun comentario persoal ou un debuxo.
Esta ficha será entregada aos que queiran participar.
5.- A finalidade desta actividade é que cada alumno/a teña o seu libro como agasallo
dun compañeiro da escola.

Os libros estarán expostos na Biblioteca, por ciclos, e a cada libro asignaráselle
un número, co que entrará no sorteo final.

1 comentario:

Cristina dijo...

Unha idea ocurrente para o intercambio de libros, coa emoción engadida da sorte.

Saúdos

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails