26/4/25

PLANETARTE

 



  Para dar comezo ao mes de abril, con lecturas e libros mil, Raioteca agasallounos cun máxico , espacial e musical libro, titulado Os Planetas , escrito por Jose Antonio Abad e ilustrado por Antonio Seijas.

O libro trata sobre un neno que dorme profundamente e viaxa polo sistema solar nos seus soños. Ao ritmo da música de Holst, visitarás cada un dos planetas, descubrindo as súas características e as dos deuses que lles puxeron nome nunha viaxe a medio camiño entre a realidade e a fantasía.
Resultou unha xornada educativa, musical e lectora fantástica!!!
Moitas grazas a Jose Antonio Abad, autor deste máxico libro, por compartir con nós a súa experiencia e o seu bo saber.

Deixámosvos co podcast que a rapazada decidíu elaborar, coa información e a música desta xoia lectora, para darlle visualización ás diferentes características dos planetas e a relación coa música do compositor Holst. 


Feliz lectura e escoita musical!!!
                                              Magnífico traballo!!!  

4/4/25

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL-2025


Para dar visualización ao día internacional  do libro infantil e xuvenil, veu ao noso centro,este xoves 3 de abril,  un artista plástico e ilustrador chamado Pablo Otero, que fixo dous obradoiros a algúns cursos de primaria.

Un dos obradoiros consistía en crear obxectos novos con materiais reciclables.

Por outra banda, o obradoiro final chamábase Liso-Rizo, e consistía en facer dous equipos, con dous tipos de cartas, e 3 xogadores no campo de xogo. Xirábase unha ruleta, para decidir que tipo de carta tocaría. As vermellas eran cartas de facer algún tipo de acción, e as negras de cultura xeral. 

Finalmente, firmou no noso libro de ouro xunto a un debuxo artístico.

Resultou unha magnífica xornada artística!!!


21/3/25

DÍA DA POESÍA- 21 DE MARZO 2025




Gozade deste primeiro recital , pois para a semana vindeira teremos máis!!!

Poesía para el pobre, poesía necesaria

como el pan de cada día. 

                              GABRIEL CELAYA


Un rato díxolle á lúa:

-Nunca reparas en min

por iso vivo na rúa

metido nun calcetín. 

"Honorato o rato namorado"

                       ANTONIO TEIJEIRO

14/3/25

Día Mundial da Muller- 8 de marzo 2025

 O sábado día 8 de marzo celebrouse o día Mundial da Muller- 8M, que neste ano, no noso centro quixemos visualizar e dar presencia ás cantareiras e mulleres pandereteiras.
Cada aula pescudou sobre a información de mulleres con Arte de pandereteiras e cantareiras, e decidíuse elaborar caixas , onde mostrar toda a beleza artística destas mulleres.
Fixeron uns traballos fantásticos!!!
Non podiamos esquecer os libros da nosa biblioteca, que teñen relación con este día.
Se queredes lelos, están na nosa biblioteca Soños de Andel.

25/2/25

ENTROIDO 2025

 ENTROIDARTE



Deixámosvos cun vídeo para dar comezo á festa do
ENTROIDO
Gozade moito !!!


DÍA MUNDIAL DE ROSALÍA

 ROSALIARTE   

Adiós ríos, Adiós fontes, 
Adiós regatos pequenos,
Adiós vista dos meus ollos,
Non sei cando nos veremos.


Que fermosas palabras adicou Rosalía á nosa TERRA galega, sempre están presentes. A morriña que ela expresou neste poema do seu libro Cantares Gallegos, foi, é e será sempre, ARTE para a nosa lingua como patrimonio cultural. 
Ela empezou o poema dicindo adiós, pero para nós, ela nunca se foi do máis profundo do corazón da xente, por iso lle adicamos cada ano o seu día especial.

A rapazada do noso centro estivo realizando este mural de Rosalía  coa técnica de PopArt e o estudo dalgúns artistas como Andy Warhol.
Realizáronse poemas e diversas actividades para que unha artista coma ela, continúe viva para que a nosa lingua non se perda.
Fantástica sementeira de versos a Rosalía, realizada polo alumnado de 4º de primaria:
Parabéns!!!
MÚSICA: "Rosalía pequeniña" de Uxía.

14/2/25

DÍA MUNDIAL DA RADIO- O CAMBIO CLIMÁTICO

 


Este xoves 13 de febereiro dende a nosa radio escolar Lorolareto, estivemos facendo un programa en directo, para dar visibilidade a un problema moi importante no noso planeta Terra: O cambio climático.
A rapazada quixo sementar sostibilidade e conciencia, elaborando relatos e algunha poesía sobre este tema tan preocupante.
Iremos subindo o programa, cando o teñan editado, pero mentres tanto deixámosvos algunhas fotos do evento.
PARABÉNS RAPAZADA!!!

Narda unha Artista con Maxia


Narda unha Artista con Maxia



xoves 13 de febreiro do 2025 recibimos unha gran pintora de cadros, procedente de Miño, que veu explicar os feitos que logrou na súa carreira como pintora.
Tamén dou a súa opinión persoal sobre o cambio climático, dando consellos para diminuir os efectos deste grave problema.


13/2/25

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia




O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU) celebra este ano o 'Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia', que se conmemora cada 11 de febreiro, con máis de 220 actividades científicas organizadas a través dos seus organismos, en diferentes territorios do noso país.
O alumnado do noso colexio, celebrou este día , facendo desafíos científicos , extraídos dun libro grego, que a coordinadora da nosa biblioteca "Soños de Andel" trouxo da súa  viaxe formativa a Levadia (Grecia), grazas ao programa de mobilidade Erasmus+.
 A rapazada coa axuda do profesorado, foi traducindo o reto ao galego , ou castelá e foron facendo as pescudas para conseguir o reto científico. Toda unha aventura conectada á ciencia e as diferentes linguas.
Cando rematen as pescudas dos retos, faremos un libro para deixar na nosa biblioteca e que toda a comunidade educativa poida gozar del.


11/2/25

ARTE POLA PAZ

 


Para este día da paz celebrar, 
a rapazada quixo sementar,
 unha chea de arte para reparar, 
as feridas das guerras e calmar.

Deixámosvos cunha presentación das sementeiras de Arte pola paz, que fixo o noso alumnado.
Parabéns polo voso traballo!


Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails