21/3/21
DÍA DA POESÍA A BORDO DO VELEIRO VERDE
9/3/21
MES DE MARZO MARZAL- POEMAS E DEREITOS POR IGUAL
OLA RAPAZADA!!!
ESTOU DE NOVO PARA DARVOS OS MEUS PARABÉNS POLOS VOSOS TRABALLOS.
ABOFÉ QUE QUEDARON XENIAIS!!!
DÉIXOVOS COS VÍDEOS FEITOS PARA QUE DESFRUTEDES DAS VOSAS CREACIÓNS.
23/2/21
ROSALÍA , MULLER E POESÍA
ROSALÍA , MULLER E POESÍA
MAÑÁ 24 DE FEBREIRO É O DÍA NO QUE NACEU A NOSA POETISA GALEGA
ROSALÍA DE CASTRO.
PREMEDE NA IMAXE DE ROSALÍA PARA PODER DESFRUTAR DE ACTIVIDADES FEITAS DENDE O
CEIP SACO E ARCE DE TOÉN.
DÉIXOVOS AS TAREFAS PARA NESTE MES DE MARZO, CELEBRAR CONXUNTAMENTE VARIAS EFEMÉRIDES:
DÍA DE ROSALÍA
DÍA DA MULLER
DÍA DA POESÍA
21/2/21
MONSTROS VERDADEIROS AMEAZAN O PLANETA
MONSTROS VERDADEIROS
AMEAZAN O PLANETA
ESPECTACULAR E EDUCATIVO ENTROIDO,
NESTE FEBREIRO REBULDEIRO!!!
PARABÉNS A TODOS E A TODAS!!!
DESFRUTADE MOITO DESTES VOSOS TRABALLOS!
SÓ SUPERHEROES DO
MEDIO AMBIENTE COMA VÓS,
FARÁN POSIBLE QUE ESTES
MONSTROS VERDADEIROS
DESAPAREZAN DO NOSO PLANETA.
#PORUNPLANETAAZUL
13/2/21
DÍA MUNDIAL DA RADIO 2021
13 DE FEBREIRO 2021
Benvidos a todos e a todas a este Novo Mundo da Radio, onde a rapazada fai uso desta gran ferramenta oral, tan potente para unha aprendizaxe entretida e moi educativa.
Aquí vos deixamos con este magnífico programa, feito por algún alumnado de 6º de Primaria.
Temos unha sorpresa!!!
Estará a nosa mascota Lorolareto en directo!!!
Desfrutade moito véndoa e escoitándoa!!!
Deixámosvos unha ligazón de Ponte nas ondas, para que poidades desfrutar doutros traballos elaborados por moitos outros colexios, que coma nós tamén teñen radio escolar na súa biblio.
PONTE NAS ONDAS
5/2/21
ENTROIDO ECOLÓXICO

PREMENDO NA FOTO
DA NOSA MECA OSAMENTA
SABEREDES OS MANDATOS
PARA A SEMANA VINDEIRA.
Lorolareto déixavos unha canción de Mamá Cabra do seu Libro: A fraga do meu avó.
Non esquezades ir facendo as vosas máscaras de Monstros verdadeiros que ameazan o planeta.
Abofé que van quedar sensacionais!!!
Deixámosvos este Genially para que lle botedes unha olladiña ós monstros que teñen os vosos compañeiros.
Ides aprender moito grazas a este marabilloso libro :
MONSTRUOS VERDADEROS AMENAZAN EL PLANETA
29/1/21
DÍA DA PAZ 30 DE XANEIRO 2021
Parabéns a todos e a todas os/as que fixéchedes posible este traballo !!!
LEMBRADE ENCHER DE VALORES
O NOSO PLANETA ,
COIDANDO MOITO
O MEDIO AMBIENTE!!!

PAN DE MILLO MIGALLAS- Campás pola paz.
Old Bossa de Twin Musicom está sujeta a una licencia de Atribución 4.0 de Creative Commons. https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/
Artista: http://www.twinmusicom.org/
O día 30 de xaneiro tamén se celebra
o DÍA DA ILUSTRACIÓN
21/1/21
DÍA DA PAZ 2021
Ola rapazada!
O 30 de xaneiro
o día da Paz será.
Propoñémosvos unha tarefa
para VALORES e EMOCIÓNS
en coordinación traballar,
cun libro cheo de ilusións
que vos fará imaxinar.



















