28/11/16

DÍA DO PEÓN

Nesta edición o acto central do Día do Peón desenvolveuse no MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia).No cole tamén celebramos este día baixo o lema: “Polo San Martiño, peóns ao camiño”. O fixemos o venres 11 de novembro.Trátase dun dos xogos máis antigos que existen. A súa orixe non está moi clara, aínda que atopáronse evidencias da súa existencia na maioría das culturas do mundo dende tempos moi lonxanos. Alí polo 4.000 antes de Cristo, xa había peóns, tal e como se conclúe tras o descubrimento de restos arqueolóxicos que datan desta época.

Resultado de imagen de peonzas y romanos

Resultado de imagen de peonzas chinas

Tamén os nenos e nenas da Idade Media xogaron cos peóns, aínda que nesta época parece ser que o seu uso estaba ligado a cerimonias de distinta índole.
Foi na China e no Xapón un xogo moi popular. E na actualidade moitos rapaces queren amosar a súa pericia innovando con trucos e incluso facendo coreografías.

 Wood spinning top on white background and string.
Os titores tiñan acceso a unha presentación explicativa sobre o tema, a cal traballouse nas aulas. Ás 12.30h xuntámonos no patio para bailar o peón. 
Resultou unha actividade moi divertida e aprendimos un montón:
  • As orixes do peón.
  • Fabricación.
  • Tipos.
  • Como xogar?
  • Xoguete universal.
  • E referencias para ampliar información.
Na páxina de Brinqueida tedes información sobre este e outros xogos tradicionais. Só tedes que picar na imaxe.

8/11/16

IX Festa da Froita

Un ano máis, e xa van nove, celebramos a Festa da Froita no noso cole. Queremos darlle as grazas a colaboración da Asociación Galega  Froita Autóctona do Eume (AGFA).

 Aquí vos deixamos un vídeo resumo.




26/10/16

Saída Outeiro de Rei: Letras Galegas 2016

Como sabedes o pasado mes de xuño non puidemos facer a saída a Outeiro de Rei có obxectivo de visitar o lugar de nacemento do homaxeado nas Letras Galegas 2016, Manuel María, así que como o prometido é débeda o pasado martes 27 de setembro... alá fomos!!




NOVOS ENCARGADOS.

Comezamos un novo curso e temos novos encargados.
Os "veteranos" de 6º  e os alumnos de 5º de primaria que son encargad@s nóveles.
Todos eles están moi ilusionados nesta nova andaína que teñen por diante.
Aquí vos deixamos as súas fotos. Parecen contentos...!


16/10/16

PDI Andrade 2017

Ola rapaces!!
Este ano imos desenvolver un proxecto relacionado cós Estilos de vida saudables... 
Por iso... seleccionei algúns libros que temos na biblio para traballar a alimentación saudable, a intelixencia emocional ou a importancia da actividade física. Desfrutade desta andaina que comeza hoxe!

15/6/16

VERÁN 2016: Guía de Lecturas e Empréstitos.



Este ano continuamos cun servizo iniciado no curso 2013/2014:

O EMPRÉSTITO DE VERÁN:

Todo o alumnado de Primaria poderá levar libros en préstamo para o verán, e terá que devolvelos ao comezo do vindeiro curso 2016/2017, dentro da mesma bolsa no que lle foron entregados.

Deixámosvos tamén unha guía de lecturas moi refrescantes:
"Ler no verán"



9/6/16

ALUMNADO COLABORADOR DE BIBLIOTECA.

O alumnado colaborador de Biblioteca  recibíu un merecido agasallo e un diploma polo traballo realizado ao longo do curso, sen a colaboración destes alumnos e alumnas o funcionamento da Biblioteca non sería o mesmo.
Dende aquí queremos darlles as grazas.


7/6/16

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES.

O alumnado do 3º ciclo e de 4º curso de Primaria comparte lecturas coas nenas e nenos de Educación Infantil, 1º ciclo e 3º curso de Primaria.
Os padriños e madriñas preparan o conto que lle van ler aos seus afillad@s e ao día seguinte, na "Hora de Ler", acoden ás aulas a buscalos.
Os padriños e madriñas elixen o libro e o lugar onde queren estar. Pode ser en calquera sitio do colexio.

As fotos falan por si solas. A experiencia é moi gratificante.
Parabéns !!!


1/6/16

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PONTEDEUME.


O martes 31 de maio, todo o alumnado de Ed. Infantil foi de visita á Biblioteca Pública Municipal de Pontedeume.

O bibliotecario, Alejandro, esperábaos na Biblioteca para contarlles unha historia moi interesante: "O meniño Nito",  un conto da Editorial Baía, que forma parte da colección Contos da Igualdade.

Moitas grazas Alejandro por esta invitación e 
por esta fermosa historia!!!






Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails