28/2/15

CHARLA CON SABOR A MAR.


O 27 de febreiro, Serafín Alonso, mariñeiro pontevedrés, falounos da PESCA DE ALTURA. 
Foi un pracer escoitalo e informounos dun montón de cousas que ignorábamos.
Dende aquí queremos darlle as grazas.
Ata pronto!!!
As fotos na GALERÍA.
Os VÍDEOS. 

26/2/15

VÍDEO: "Todos somos Rosalía"

O alumnado do 3º ciclo elaborou este fantástico vídeo, como homenaxe a Rosalía de Castro.
Será enviado á AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega), para pasar a formar parte dunha recompilación de vídeos creados por outros centros de ensino. AQUI



25/2/15

CANTAMOS E XOGAMOS CON ROSALÍA

O pasado 24 de febreiro, celebramos no centro "O DÍA DE ROSALÍA".
Nesta ocasión comezamos cantando a canción "Adios ríos adios fontes", continuamos coa presentación da vida e obra de Rosalía de Castro, aproveitando un LIM elaborado pola biblioteca "CARACOLA TOLA" do CEIP Alexandre Bóveda.
Despois o alumnado de sexto presentou as actividades do LIM ao resto do alumnado, e entre tod@s fómolas resolvendo.
Coma sempre tedes todas as fotos na GALERÍA.
Os vídeos, na galería de VÍDEOS.

Deixámosvos aquí unha pequena reportaxe do acto.



22/2/15

DÍA DE ROSALÍA.

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalia.
Premendo nesta imaxe podedes acceder a unha páxina de recursos 
para traballar a súa figura.


ENTROIDO MARIÑEIRO.

A BRUXA MARUXA E O MARIÑEIRO ANTÓN 
CASARON NO FONDO DO MAR 
E NO COLE DE ANDRADE ÍMOLO CELEBRAR.

Este curso o noso Entroido tivo sabor a MAR:
  • Os nenos e nenas de E.Infantil, cantaron e bailaron disfrazados de "Bob Esponxa".
  • O alumnado do 2º curso  representaron "O Baile da Medusa" disfrazados de coloridas Medusas.
  • Os alumnos/as do 1º curso bailaron entre algas  e pompas disfrazados de animais mariños.
  • Os nenos e nenas do 2º ciclo, con moita marcha, bailaron o "baile do peixe" disfrazados de polbos.
  • O alumnado do 3º ciclo fixeron unha recompilación de cantigas tradicionais galegas relacionadas co mar e representaron o mundo dos mariñeiros .
O enlace aos vídeos das actuacións: AQUÍ


SAÍDAS CON SABOR A MAR

O alumnado do 1º ciclo e 3º curso de primaria visitaron a 
Vila de Pontedeume, 
antiga residencia dos Condes de Andrade.
Fixeron un percorrido guiado polo porto, a lonxa, as rúas medievais, a igrexa parroquial , o torreón, a casa do Concello...



O alumnado do 4º curso de primaria e 3º ciclo visitaron o Museo Naval e o Museo de Historia Natural en Ferrol.
Aquí deixamos a reportaxe fotográfica.



25/1/15

PAZ 2015

Este ano adicaremos o Día da Paz a coñecer un pouco mellor á paquistaní Malala Yousafzai, galardoada aos 17 anos co Premio Nobel da Paz, pola defensa do dereito á educación das mulleres.
O alumado de 6º curso presentaranos un pequeno resumo sobre a súa vida. Despois faremos unha lectura colectiva do libro "Querida Malala".
Para rematar cantaremos unha canción arabe que fala de amor e paz, deixamos o enlace ao blog de música no que nos explican que están a coñecer o folklore do país de Malala, Pakistán.
Tamén faremos un acto final no que compartiremos os traballos realizados na área de Artística . Cada neno/a levará como agasallo o traballo realizado por un compañeiro ou compañeira do colexio.


FELIZ DÍA DA PAZ 2015.


20/1/15

MOCHILAS VIAXEIRAS 2014/2015




Ao comezo deste ano 2015 as nosas Mochilas Viaxeiras inician a súa andadura cheas de retazos de mar: libros informativos, de ficción, música..., para disfrutar en familia.

BOAS LECTURAS!!!







Este ano tamén introducimos nas mochilas: 



16/1/15

EDUGA. Revista Galega do Ensino.

Xa está dispoñible o volume 68 (xullo-decembro 2014) da revista EDUGA, no portal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:
Revista Galega do Ensino (www.edu.xunta.es/eduga).

Neste número aparece un artigo de Boas Prácticas da nosa Biblioteca "Soños de Andel":




Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails