22/10/12
18/10/12
AXUDANTES DE BIBLIOTECA
Este curso contamos cun grupo de dezanove alumnos e alumnas colaboradores de biblioteca. Tivemos unha reunión inicial na que lles fixemos entrega, a cada un deles, dunha guía da bilioteca, as normas de colaboradores e os turnos que por parellas farán ao longo deste primeiro trimestre.
GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
1/10/12
CONTOS E TICS
No curso 2011-2012 levamos a cabo un Proxecto de Formación en Centros titulado: "Os
contos e as TICS". Elaboramos diferentes recursos e
actividades en torno aos contos que en cada ciclo foron
seleccionados:
E. Infantil: "A que sabe a lúa?"
1º Ciclo: "Yamina"
2º Ciclo: "O rato solteiro"
3º Ciclo: "Contos vellos para rapaces novos"
"El enigma Averroes"
E. Infantil: "A que sabe a lúa?"
1º Ciclo: "Yamina"
2º Ciclo: "O rato solteiro"
3º Ciclo: "Contos vellos para rapaces novos"
"El enigma Averroes"
Neste Glogster fixemos unha recompilación destas actividades elaboradas para os distintos ciclos:
23/9/12
BENVIDA
Dende este recanto queremos darvos a benvida ao novo curso 2012-2013.
Iniciamos un novo proxecto titulado:
AS CORES DE GALICIA,
adicaremos cada trimestre ao estudio dun pintor ou pintora galego/a.
Comezaremos con Leandro Lamas.
Deixámosvos aquí un pequeno retazo da súa fantástica obra.
Dende este recanto queremos darvos a benvida ao novo curso 2012-2013.
Iniciamos un novo proxecto titulado:
AS CORES DE GALICIA,
adicaremos cada trimestre ao estudio dun pintor ou pintora galego/a.
Comezaremos con Leandro Lamas.
Deixámosvos aquí un pequeno retazo da súa fantástica obra.
17/6/12
GUÍA DE LECTURAS VERÁN 2012.
UN LIBRO, UNHA VIAXE.
UNHA VIAXE, UN LIBRO.
Clica na imaxe:
ENLACE ÁS GUÍAS DE LECTURA DE VERÁN
DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS.
10/6/12
APADRIÑAMENTO LECTOR II
Continuamos coa actividade de Padriños e Madriñas lectoras.
Nesta ocasión o alumnado do 3º ciclo con nenas e nenos de E. Infantil.
Aquí deixamos unha pequena reportaxe.
OUTRO ENVIO PARA O SAHARA
Enviamos o noso segundo traballo para os campamentos de refuxiados saharauis titulado: "Andrade medieval". Tamén incluímos unha pequena reportaxe das reproducións dos Bibliobús Bubisher, que realizou o alumnado de 4º e 5º curso de Primaria.
Para rematar, enviámoslles ademais un vídeo que as alumnas e os alumnos do 3º ciclo gravaron para presentarlles a nosa zona, aos compañeiros/as de Madrid e Zamora cos que pasaron unha semana de convivencia, na actividade "Escolas Viaxeiras".
6/6/12
COMEZAMOS O APADRIÑAMENTO LECTOR
As alumnas e alumnos de 4º curso apadriñan ás nenas e nenos
de Infantil de 3 anos.
"Unha imaxe vale máis que mil palabras":
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



