28/10/10

3ª Festa da "FROITA AUTÓCTONA DO EUME"

Seguindo co noso proxecto: "O Lugar onde vivimos", estamos aprendendo que unha das peculiaridades da nosa zona é a gran variedade de froita que temos, e por esa razón, mañá, venres 29, celebramos no colexio a 3ª Festa da "Froita Autóctona do Eume" en colaboración con AGFA do Eume (Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume), tamén faremos actividades relacionadas co Samaín, estades todas e todos invitad@s. Premendo na foto podedes acceder ao programa:



Este ano as maceiras que plantamos no recinto escolar deron xa os seus froitos, mirade:



Facendo un pouco de historia:


Premendo neste enlace poderás acceder ás bases do concurso de froita autóctona:

BASES DO CONCURSO

24/10/10

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.



Co motivo da celebración, o 24 de outubro, do Día das Bibliotecas Escolares, a Consellería de Educación difunde un cartel co fin de lembrar as posibilidades da biblioteca escolar, e apoiar a visibilidade do traballo que o profesorado dos centros vén realizando para facer útiles estes importantes recursos educativos. Nesta ocasión é Marina Seoane a ilustradora do cartel que ten como lema:
Este vídeo que enlazamos a continuación ben pode valer para reflexionar sobre o importante papel que poden xogar as Bibliotecas Escolares:


17/10/10

O LUGAR ONDE VIVIMOS: "As Fragas do Eume"


O proxecto que abordaremos durante este curso no noso Centro leva por título:
"O LUGAR ONDE VIVIMOS"
Un dos espazos máis importantes da nosa zona son "As Fragas do Eume". O alumnado do 3º Ciclo tivo unha visita guiada con recollida de información escrita, fotos e vídeo para a posterior realización de actividades na aula.
Dende a Biblioteca ademáis de bibliografía aportamos unha procura do tesouro.


Premendo na seguinte foto poderás acceder:


14/10/10

FORMACIÓN DE USUARIOS E GLOGSTER.

Iniciándonos no uso dunha interesante ferramenta da web 2.0, Glogster, elaboramos unha pequena recompilación de actividades e marco teórico de "FORMACIÓN DE USUARIOS". Actividades creadas no CEIP Conde de Fenosa (Barco de Valdeorras), no CEIP A Ramallosa, en Biblioteis, un enlace a "La formación de usuarios en la Biblioteca Escolar" de Mónica Baró y Teresa Mañá e "Unha de piratas". Despois desta primeira toma de contacto co mundo dos murais dixitais estamos animad@s a empregalo nas aulas, pensamos que ten moitas posibilidades...

Se premes neste enlace podes acceder ao poster en tamaño orixinal:

12/10/10

APERTURA BIBLIOTECA.

O martes, 5 de outubro, comezamos as actividades do alumnado na Biblioteca con xuntanzas informativas por ciclos. Previamente tivemos unha reunión coas titoras ás que lles entregamos unha carpeta que contén:
  • Guía da biblioteca.
  • Calendario do Libro e a Lectura.
  • Titoriais de Recursos Meiga.
  • En que consiste a "Hora de Ler"?
  • Mochilas Viaxeiras.
  • Decálogo Lector.
  • Itinerarios Lectores.
    Un adianto da reportaxe fotográfica de E. Infantil, 1º Ciclo e alumn@s colaboradores:



7/10/10

"Como bágoas... na choiva"

Preme na foto e atrévete con este orixinal crebacabezas. Sorte!!!


Outro interesante pasatempo:

"Como bágoas... na choiva"

vía ANB (blog de Antonio Alonso)

Preme neste espazo:



2/10/10

"El Quijote Online" en Youtube.

Calquera usuario de YouTube pode subir o seu vídeo á canle e participar neste proxecto mediante a lectura dun dos 2149 fragmentos nos que foi dividido "El Quijote".
O propósito desta idea de YouTube, que conta co apoio e a colaboración da Real Academia Española (RAE) e da Asociación de Academias da Lingua Española (ASALE), é lograr unha lectura completa e global do Quixote en Internet, a cargo de lectores de todos os recunchos do planeta.
Os usuarios que desexen tomar parte na iniciativa deberán entrar na páxina
http://www.youtube.com/elquijote e facer clic no botón «participar».


26/9/10

"LER EN FAMILIA"


Dez definicións do que é unha Familia comprometida coa Lectura, forman este decálogo que repartiremos ás familias do noso alumnado para ser comentado nas reunións de titorías do mes de Outubro. É a primeira proposta que dende a biblioteca elaboramos neste novo curso, e está baseada no "Decálogo Lectura" do mestre e bibliotecario Mariano Coronas Cabrero.




18/9/10

BENVIDA.


Comezamos un novo curso e está sempre a ilusión de trazar novas liñas nas páxinas da nosa vida.
Dende a biblioteca "Soños de andel" desexámosvos que esas liñas, que agora son unha incognita, sexan sempre para ben.
Aquí tedes un pequeno vídeo de BENVIDA que elaboramos coas ilustracións de
Luis Silva, do seu libro "O senhor das Palavras":


30/7/10

LENDO NO VERÁN

Diferentes imaxes da lectura no verán, da ilustradora Linda Prater.
A lectura sempre nos pode acompañar alí onde imos...

Vía Pinzellades al món

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails