20/10/08

Apertura da Biblioteca, curso 08/09.


O Venres 17 ás 12 celebramos o acto de APERTURA DA BIBLIOTECA.
Presentáronnos ao novo equipo de alumnos/as colaboradores/as , aos que lles foi entregada unha chapa identificativa.
Entregáronse os novos carnés e as Guías da Biblioteca.
Contáronnos que a Temática de Outono elexida polo equipo de bibloteca será: "Lecturas Saudables" relacionadas con hábitos saudables de alimentación, exercicio físico, hixiene ...
Presentaron tamén as Novidades, os libros adquiridos recentemente.
Fixemos unha exposición de marcadores e marcapáxinas á entrada do colexio.
Explicáronnos en que ía consistir "A HORA DE LER".
Ao remate Raioteca desexounos un curso cheo de boas lecturas e degustamos as galletas elaboradas polos lectores e lectoras de Andrade no Obradoiro de Alimentación.


Biblio4
View SlideShare presentation or Upload your own.

19/10/08

Libros e Lectura con "L" de Liberdade.(Antonio Basanta)


"Ler, mais como un dereito que como un deber".(Antonio Basanta)
"Ler, sen pedir nada a cambio".
Baixo o lema BIBLIOTECAS PARA LER E APRENDER celebráronse en Santiago de Compostela os días 17 e 18 os II ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, dirixidos ao profesorado galego interesado e involucrado na xestión e dinamización das bibliotecas escolares.
Un montón de experiencias das que sacar infinidade de ideas, relatores moi interesantes e sobre todo o reencontro con xente cun obxectivo común: facer das bibliotecas dos nosos centros peza dinamizadora da Vida Escolar.
Tarefa ás veces nada fácil, polo que necesitamos saber que temos compañeiros/as cos mesmos atrancos, con quen compartir vivencias, e non sempre a través da rede. Poñerlle cara a moitas persoas que tantas veces nos axudan.
Unha experiencia moi gratificante e moi ben organizada.

7/10/08

A NOSA MASCOTA CREBA A CABEZA.

Poderás axudala?



(Via A Nosa Biblioteca)

28/9/08

Concurso Escolar ONCE.





"Ler e escribir é poder vivir en igualdade"
Este é o lema do certame escolar proposto pola ONCE para este curso 2008/09:
DESEÑAR UN CARTEL QUE EXPRESE O QUE SEGUNDO OS SEUS AUTORES REPRESENTA O SISTEMA "BRAILLE" PARA AS PERSOAS CEGAS.
Para acceder as bases do concurso preme neste enlace:


Se queres información sobre "Braille":
Alfabeto,
Louis Braille,
Que é o braille?...
Infórmate neste enlace: INSTITUTO HELEN KELLER.

" Certo día do ano 1812, no pobo francés de Coupvray, un neno xogaba no taller de seu pai. De súpeto colleu dúas cuñas e saíu correndo con elas, tropezou e caeu. Nese accidente o neno Louis Braille perdeu un ollo e non tardou en quedarse totalmente cego... "

21/9/08

O FIN DO VERÁN.


O Luns, 22 de Setembro, producirase o EQUINOCCIO DE OUTONO, que pon fin ao verán.
A que hora será?
Por que se chama equinoccio?
Por que se produce? ...
Se queres atopar resposta a estas cuestións e ler cousas moi interesantes sobre este acontecemento preme neste enlace:

5/7/08

NUBE DE ETIQUETAS.


Esta é a NUBE DE ETIQUETAS (Tag Cloud) do noso Biblioblog, creada en Wordle.
Vía A Nosa Biblioteca.




4/7/08

22/6/08

FESTIVAL FIN DE CURSO, GRADUACIÓNS.

O Venres día 20, para celebrar o Fin de Curso e como homenaxe aos Graduados en Ed. Primaria, que pasarán para o instituto, fixemos un FESTIVAL na sala de múltiples con actividades moi variadas: bailes, cancións, recitados e ata trucos de maxia.
Ao remate, o director fixo entrega dos diplomas aos graduados, aos mellores lectores/as deste 3º trimestre e ao grupo de 6º curso colaborador da Biblioteca.

Noraboa a todos/as e felices vacacións de verán!!!!!!!



18/6/08

EXCURSIÓN FIN DE CURSO


Este curso 2007/08 as alumnas e alumnos do 3º ciclo realizaron unha excursión a Ribadesella.
As fotos deste video falan por si soas. "No comment".

A Comunidade Educativa do cole de Andrade desexamos aos alumnos e alumnas de 6º moita sorte na súa nova andadura. Esperamos que as leccións e consellos recibidos aquí vos servan de axuda.
Agradecer aos membros do equipo colaborador da biblioteca: Patricia, Candela, Noelia R., Lydia, Silvia, Laura, Óscar e Rocio a súa implicación e entusiasmo.


Grazas por deixarnos ser unha parte importante das vosas vidas.


OS NOSOS RECORDOS DURARÁN TODA UNHA VIDA. GARDA OS MELLORES.






EXCURSIÓN FIN DE CURSO 07/08 from Andrade on Vimeo.




Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails