5/12/21
21/11/21
GRETA E OS XIGANTES- TEATRO DE SOMBRAS
Parabéns a esta rapazada de 6º de Primaria, pola súa participación e elaboración neste teatro de sombras, onde foron quen de xuntar a oralidade da palabra coa necesidade de concienciar ao MUNDO sobre o coidado dos nosos bosques.
10/11/21
MAGOSTO 2021
2/11/21
SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Agradecementos aos locutores Xoán, Gabi e Xandre e tamén aos técnicos Bruno e Mateo.
Abofé que fixeron un bo traballo!!!
Non podemos esquecernos de agradecer a participación de Raioteca e Lorolareto, pois foi toda unha primicia contar con eles.
Non esquezades mirar a mensaxe do espantallo, no patio do colexio.
20/10/21
BIBLIOTECAS ESCOLARES -2021/ 22
"A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA"
Ola de novo Raiolectores/as !
Despois de celebrar a HOMENAXE á esta querida e entrañable bibliotecaria da nosa Biblioteca Soños de Andel, emprendemos un novo camiñar neste curso escolar 2021/22, baixo o lema elixido para as bibliotecas escolares de Galicia, onde se pon o foco na PALABRA e na ORALIDADE.
Nós, dende a nosa biblioteca Soños de Andel queremos inaugurar a apertura da nosa biblioteca cunha homenaxe á ORALIDADE entre culturas : Galicia e África, por iso este martes 19 de outubro tivemos connosco ao gran orador camerunés Boniface Ofogo.
Abofé que foi unha xornada de oralidade moi produtiva. Foi todo un pracer escoitar as súas historias.
Grazas Boni, por compartir conosco unha chea de cor e aromas da túa terra africana!!!
PRIMICIA
Tivemos a sorte de que nos presentara o seu novo conto " A paso de tartaruga" no noso centro, pois acababa de saír esa mañá como moi ben dixo el:
"Acaba de salir del horno, está calentito."
Non podía faltar o seu famoso León Kandinga, escrito por el, e recientemente reeditado por Kalandraka en diferentes linguas.
15/10/21
10/6/21
TRABALLOS FINAIS DO PDI- SEMENTES NOS ANDEIS
TRABALLOS FINAIS DO NOSO PDI SEMENTES NOS ANDEISSEMENTES DE SABEDORÍACoidado do noso Medio Ambiente
Toda a rapazada dende Infantil ata 6º de Primaria recibíu un agasallo de Raioteca e Lorolareto ó principio deste curso escolar 2020/21.Ese agasallo foi un libro de sementes de sabedoría relacionada co noso PDI.Agora chegou o momento de gozar deses vosos traballos, que abofé que quedaron estupendos!
8/6/21
4/6/21
DÍA DO MEDIO AMBIENTE
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
5 DE XUÑO
A semana vindeira desenterraremos do noso HORTO DA CONCIENCIA , os diferentes materiais que enterramos o curso pasado e que por mor desta pandemia non poidemos finalizar e averiguar que lles pasou.
PENSADE EN VERDE !!!
Poema de Jordan Sanchez para o Día Mundial do Medio Ambiente.
POEMA RELACIONADO CO DECENIO SOBRE A RESTAURACIÓN, UNHA INICIATIVA DE NACIÓNS UNIDAS LANZADA PARA O #DíaMundialDelMedioAmbiente CO FIN DE PREVIR, DETER E REVERTIR A DEGRADACIÓN DOS ECOSISTEMAS NO MUNDO.




