2/2/13

Roteiros PLAMBE Ferrolterra XI, XII e XIII



As últimas xuntanzas que realizamos o colectivo de bibliotecas do Plambe Ferrolterra foron en tres fantásticas Biblios:
A biblioteca do CEIP Unión Mugardesa.
A Biblioteca do IES de Fene
A Biblioteca do CEIP José María Lage de Ortigueira.
Dende aquí queremos darvos as grazas pola cálida acollida e os parabéns polo voso traballo.
Moitas grazas tamén a Loly polas estupendas reportaxes que son as que aquí enlazamos.
É todo un pracer formar parte deste colectivo.

24/1/13

UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA



RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir 


Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!


Entradas nos blogs das 
Bibliotecas Escolares de Galicia:


14/1/13

APERTAS DE PAZ

Este ano para celebrar o día da PAZ partimos do slogan:

Apertas de PAZ. 

Cantaremos: "Rumba das apertas" . 
Presentaremos o libro que contén esta canción: "A nena e o grilo" de OQO Editora.
En todos os cursos elaborarán un debuxo (os máis pequenos), unha frase ou un texto, comezando con: Unha aperta de PAZ para..... 
que despois serán expostos nuns paneis decorados con fotos de apertas de nenas, nenos e mestres do cole. 
Proxectaremos estes dous vídeos: 







Teremos na Biblioteca unha selección de 
libros e películas, nestes enlaces:


31/12/12

BIBLIOTÓMBOLA DE NADAL

 A actividade estrela nestas datas na Biblioteca é:



Este ano realizamos xa a quinta convocatoria, recordamos as bases:

1.- Para participar nesta actividade, cada alumno/a terá que traer un libro adaptado á súa idade.

2.- Que sexa un libro que xa fose lido polo alumno/a.

3.- Que o libro estea en bo estado.

4.- O libro terá que vir acompañado dunha ficha, cun comentario persoal ou un debuxo. Esta ficha será entregada aos que queiran participar.

5.- A finalidade desta actividade é que cada alumno/a teña o seu libro como agasallo dun compañeiro/a da escola.

Os libros estarán expostos por ciclos, e a cada libro asignaráselle un número, co que entrará no sorteo final. 
Por ciclos cada neno/a fará unha presentación oral contándonos cousas interesantes do seu libro: como chegou ás súas mans, de que trata...


Click to play this Smilebox slideshow

Este mesmo día tamén fixemos entrega dos diplomas aos mellores lectores do 1º trimestre, e un pequeno agasallo para os axudantes de biblioteca.
O alumnado de Infantil de 5 anos presentounos o conto do Apalpador, coa participación da alumna de 4º curso, María.
Xa para rematar cantamos todos xuntos a canción do "APALPADOR"
Por suposto tivemos a visita da nosa mascota RAIOTECA que nos desexou un BO NADAL.
Enlace ao vídeo AQUI.






19/12/12

UN NADAL DE MOITAS CORES.



Dende a Biblioteca "SOÑOS DE ANDEL" desexámosvos un 
FELIZ NADAL e un BO ANINOVO.


Proxecto Fahrenheit 451. AS PERSOAS LIBRO

O Proxecto Fahrenheit 451 (As persoas libro) nace ao comezo do século XXI na Escola de Lectura de Madrid. Comparte a palabra vinculada, fruto da investigación de anos de Antonio Rodríguez Menéndez, co  proxecto A voz a ti debida, que busca que se recoñeza a lectura como un dereito das persoas.



Esa é unha das ideas claves que nos transmitíu Antonio na sesión que mantivemos con él na biblioteca da nosa escola. 
Tamén nos ensinou a falar con PALABRAS de chocolate fundido e a meternos debaixo da tela para crear un espazo máxico, íntimo e así comunicarnos mellor co grupo.
.A partir de agora estamos decididos a formar parte deste fantástico proxecto chamado:

Deixámosvos unha pequena reportaxe desta actividade. 
Na galeria da páxina web do cole tedes todas as FOTOS e o VÍDEO.
Grazas Antonio. Ata pronto!!!








16/12/12

Recitandocelsoemilio 12/12/2012


Onte, ás doce da mañá, xuntámonos todas as nenas, nenos e mestres do cole no  " salón de actos", para recitar e escoitar dous poemas de Celso Emilio Ferreiro, na celebración do centenario do seu nacemento. 
Comezaron os de E. Infantil que recitaron:
                                                                                        
O vello cantaba
unha lembranza.
O mozo cantaba 
unha esperanza.
O neno cantaba
unha louvanza.
Pobo meu: pois que cantas,
érguete i anda.

Logo continuaron os do primeiro ciclo ata irse incorporando todos os demais, recitando:
DEITADO FRENTE AO MAR.
Aquí vos deixamos o vídeo que recolle ese momento tan emocionante para todos nós.




7/12/12

RecitandoCelsoemiliO

Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) chéganos a seguinte proposta:
Unha actividade que consta de  dúas accións simultáneas e complementarias:
  • Un acto colectivo de recitado público do poema  Deitado fronte ao mar de Celso Emilio Ferreiro, publicado inicialmente no libro Longa noite de pedra (1962).
  • Un envio masivo a través das redes sociais do lema recitandocelsoemilio, acompañado do texto do poema Deitado fronte ao mar.
Este acto celebrarase o mércores día 12 de decembro de 2012, ás 12.00 horas.
Ese día, as nenas e nenos de E. Infantil recitarán:


 CANCIÓN:
O vello cantaba
unha lembranza.
O mozo cantaba 
unha esperanza.
O neno cantaba
unha louvanza.
Pobo meu: pois que cantas,
érguete i anda.

O alumnado de Primaria recitará "Deitado frente ao mar"

Esta é a nosa aportación. Un vídeo gravado coas voces de alumn@s de diferentes cursos e ilustrado con obras do pintor Leandro Lamas.

2/12/12

Celebramos o "Día Mundial contra a Violencia de xénero"

O martes27, celebramos no colexio o DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Despois de ler unha carta que Raioteca nos enviou para recordarnos o significado que ten este día, un grupo de nenas e nenos de diferentes cursos, fixeron unha representación teatral do conto de Anthony Browne,  "O libro dos Porcos"
Para rematar, cantamos todos xuntos a canción titulada "Abre tu mente"
Deixámosvos a reportaxe fotográfica desta actividade. 
Parabéns a estas actrices e actores polo seu traballo.

Todas as fotos da representación na galería da páxina web do centro. 
E o vídeo AQUÍ.


VISITA LEANDRO LAMAS

O venres 23, recibimos, con gran ilusión, a visita do pintor Leandro Lamas.
Raioteca enviounos unha carta. Clica AQUÍ.
Primeiro, quixemos agasallar a Leandro có recitado do poema que Sechu Sende lle adicou: AS CORES DE GALICIA.
Despois, explicámoslle todas as actividades que fixemos tomando como referencia a súa obra, e contámoslle o que aprendemos sobre él.
A continuación, como queríamos saber moito máis, fíxémoslle unha entrevista. As preguntas, AQUÍ.
Finalmente, Leandro agasallounos cun debuxo do apalpador, quedamos todos abraiados de ben que debuxa e agradecémoslle moito que o fixera adicado ao noso cole.
Tamén asinou no libro de ouro da nosa biblioteca e todos puidemos facernos unha foto ao seu lado.


MOITAS GRAZAS LEANDRO. 
FOI UN DÍA INESQUECIBLE.


Traballo elaborado polo alumnado de 6º curso:



A REPORTAXE FOTOGRÁFICA COMPLETA NA 
GALERIA DA PÁXINA WEB DO CEIP ANDRADE.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails