Para dar visualización ao día internacional do libro infantil e xuvenil, veu ao noso centro,este xoves 3 de abril, un artista plástico e ilustrador chamado Pablo Otero, que fixo dous obradoiros a algúns cursos de primaria.
Un dos obradoiros consistía en crear obxectos novos con materiais reciclables.
Por outra banda, o obradoiro final chamábase Liso-Rizo, e consistía en facer dous equipos, con dous tipos de cartas, e 3 xogadores no campo de xogo. Xirábase unha ruleta, para decidir que tipo de carta tocaría. As vermellas eran cartas de facer algún tipo de acción, e as negras de cultura xeral.
Finalmente, firmou no noso libro de ouro xunto a un debuxo artístico.
Resultou unha magnífica xornada artística!!!