6/6/24

1ª MOSTRA DE PROXECTOS FIN DE CURSO

 

Fantástica xornada en comunidade, onde a rapazada explicou ás familias os proxectos elaborados ao longo do curso 2023/24 .

Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa asistencia, colaboración e bo facer!!!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

 

Neste verán mergúllate nos libros e sementarás cultura, emoción e aventura.


FELICES LECTURAS!!!

5/6/24

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE- 5 DE XUÑO

 



Ao longo de todo este curso académico, estivemos a concienciarnos sobre a importancia de crear un planeta sostible, e cheo de ecoloxía para educar nunha economía circular.
Deixámosvos cunha recom- pilación dos diferentes traballos realizados,  para contribuír a esta conciencia ecolóxica e natural.
Lembrade que sodes a nova xeración que pode sementar ecoloxía e sostibilidade neste noso planeta, tan deteriorado polo mal facer do ser humano.

4/6/24

UN DÍA MOI ESPECIAL CON TRES FENÓMENOS DO RUGBY NA NOSA RADIO LOROLARETO.

 Bo día !

 Este 24 de maio foi un día moi especial , pois tivemos tres invitados moi especiais. Un deles o pai de Luís.

Fixemos unha entrevista con todo o noso cariño.

Desexamos que vos guste!!!

Grazas por vir ao noso centro e sementar as vosas aprendizaxes deportivas!!!

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails