O vindeiro mércores xuntarémonos no Recanto dos Contos. O alumnado do terceiro ciclo ofrécenos a lectura dun conto relacionado co tema ao que adicamos a PAZ 2014, oApartheid e a igualdade das razas na figura de Nelson Mandela. A través deste conto, "O Autobús de Rosa" coñeceremos outra figura importante do movemento polos dereitos civís en Estados Unidos, en especial por terse negado a ceder o asento a un branco, o seu nome:Rosa Parks .
Música de cores é a proposta que fai Axuda en Acción para traballar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, que se celebrará o próximo 30 de xaneiro. O material pretende unir a toda a Comunidade Educativa (docentes, alumnado, persoal non docente e familias) a través dunha reflexión sobre as barreiras que nós mesmos levantamos para protexernos do medo, e que provocan aínda máis medo e intolerancia. Ademais esta actividade ten como obxectivo infundir no alumnado a necesidade de comprender o por que das cousas e buscar formas de vencer eses medos en vez de evitalos, así como construír un mundo máis xusto mediante a promoción do diálogo. Clica na foto para acceder aos materiais.
Desde aquí, desexámoslles un BO NADAL aos colaboradores de Biblioteca, e o noso agradecemento pola súa labor. Ao remate do festival, Raioteca tíñalles preparado un agasallo sorpresa.