
Todas as nenas e nenos do colexio preparamos unha homenaxe para o alumnado de 6º curso que inician unha nova andadura coa súa marcha ao instituto o próximo curso. Ao remate celebramos o acto de graduación coa entrega de diplomas e a banda de graduad@s. Tamén fixemos entrega duns agasallos aos encargados e encargadas de biblioteca. Ademais repartimos os diplomas aos mellores lectores deste terceiro trimestre. Foi un acto moi, moi emotivo...FELICES VACACIÓNS!!!





