21/3/25

DÍA DA POESÍA- 21 DE MARZO 2025




Gozade deste primeiro recital , pois para a semana vindeira teremos máis!!!

Poesía para el pobre, poesía necesaria

como el pan de cada día. 

                              GABRIEL CELAYA


Un rato díxolle á lúa:

-Nunca reparas en min

por iso vivo na rúa

metido nun calcetín. 

"Honorato o rato namorado"

                       ANTONIO TEIJEIRO

14/3/25

Día Mundial da Muller- 8 de marzo 2025

 O sábado día 8 de marzo celebrouse o día Mundial da Muller- 8M, que neste ano, no noso centro quixemos visualizar e dar presencia ás cantareiras e mulleres pandereteiras.
Cada aula pescudou sobre a información de mulleres con Arte de pandereteiras e cantareiras, e decidíuse elaborar caixas , onde mostrar toda a beleza artística destas mulleres.
Fixeron uns traballos fantásticos!!!
Non podiamos esquecer os libros da nosa biblioteca, que teñen relación con este día.
Se queredes lelos, están na nosa biblioteca Soños de Andel.

25/2/25

ENTROIDO 2025

 ENTROIDARTE



Deixámosvos cun vídeo para dar comezo á festa do
ENTROIDO
Gozade moito !!!


DÍA MUNDIAL DE ROSALÍA

 ROSALIARTE   

Adiós ríos, Adiós fontes, 
Adiós regatos pequenos,
Adiós vista dos meus ollos,
Non sei cando nos veremos.


Que fermosas palabras adicou Rosalía á nosa TERRA galega, sempre están presentes. A morriña que ela expresou neste poema do seu libro Cantares Gallegos, foi, é e será sempre, ARTE para a nosa lingua como patrimonio cultural. 
Ela empezou o poema dicindo adiós, pero para nós, ela nunca se foi do máis profundo do corazón da xente, por iso lle adicamos cada ano o seu día especial.

A rapazada do noso centro estivo realizando este mural de Rosalía  coa técnica de PopArt e o estudo dalgúns artistas como Andy Warhol.
Realizáronse poemas e diversas actividades para que unha artista coma ela, continúe viva para que a nosa lingua non se perda.
Fantástica sementeira de versos a Rosalía, realizada polo alumnado de 4º de primaria:
Parabéns!!!
MÚSICA: "Rosalía pequeniña" de Uxía.

14/2/25

DÍA MUNDIAL DA RADIO- O CAMBIO CLIMÁTICO

 


Este xoves 13 de febereiro dende a nosa radio escolar Lorolareto, estivemos facendo un programa en directo, para dar visibilidade a un problema moi importante no noso planeta Terra: O cambio climático.
A rapazada quixo sementar sostibilidade e conciencia, elaborando relatos e algunha poesía sobre este tema tan preocupante.
Iremos subindo o programa, cando o teñan editado, pero mentres tanto deixámosvos algunhas fotos do evento.
PARABÉNS RAPAZADA!!!

Narda unha Artista con Maxia


Narda unha Artista con Maxia



xoves 13 de febreiro do 2025 recibimos unha gran pintora de cadros, procedente de Miño, que veu explicar os feitos que logrou na súa carreira como pintora.
Tamén dou a súa opinión persoal sobre o cambio climático, dando consellos para diminuir os efectos deste grave problema.


11/2/25

ARTE POLA PAZ

 


Para este día da paz celebrar, 
a rapazada quixo sementar,
 unha chea de arte para reparar, 
as feridas das guerras e calmar.

Deixámosvos cunha presentación das sementeiras de Arte pola paz, que fixo o noso alumnado.
Parabéns polo voso traballo!


2/2/25

Saída con arte- Barrio de Canido/ A Fundación

Este pasado 17 de xaneiro , tivemos o privilexio de gozar da CULTURA, da NATUREZA e da ARTE, coa visita guiada  a Ferrol, en concreto a unha exposición na Fundación, sobre o obxecto como elemento artístico, onde a rapazada de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, asistiron a un obradoiro arredor desta temática e, a unha xincana na procura de diferentes obras expostas no museo , xunto coa reflexión e análise  sobre esta tendencia artística.
Por outra banda, a observación e  visita guiada a un dos barrios emblemáticos de Ferrol, caracterizado polo cadro de Velázquez "As Meninas", onde a proposta artística levada a cabo por Eduardo Hermida, foi un auxe, para darlle difusión e vida a este barrio.

Resultou un día fantástico, pois como broche final, a rapazada de 3º e 4º de primaria atopou a Eduardo Hermida, o creador desta proposta dende 2008, onde reune diferentes disciplinas, para plasmar arte polas paredes e diferentes espazos do barrio.
 Por certo, foi unha gran sorpresa para o alumnado, que recibíu a Eduardo cun gran entusiasmo, polo que nos agasallou coa súa visita este venres 31 de xaneiro, para sementar a súa arte polo noso colexio.

Moitas grazas, por compartir o teu tempo e a túa experiencia tanto como artista , como ser humano!
Dende a nosa radio Lorolareto, os micros estiveron abertos para facer recollida da arte, que Eduardo Hermida compartíu con toda a comunidade educativa, en especial con todo o alumnado.
Gozade desta pequena entrevista improvisada con moito cariño!
Graciñas por compartir a esencia da túa  arte e o teu tempo!!!

21/1/25

ARTISTA MUSICAL- CANTANTE DE ÓPERA

 ÓPERA CON MOITO ARTE NA NOSA RADIO


 O venres 10 de xaneiro, a cantante de ópera Irene, sementou arte musical no noso centro.
Toda a rapazada gozou dun espectáculo musical de primeira. 
Foi todo un pracer, ter con nós unha amante da ópera á que lle desexamos moita sorte no seu camiñar por Florencia e Roma, onde está a formarse neste xénero musical que naceu en Italia no Renacemento.
A rapazada de 5º de primaria, tivo o privilexio de facerlle unha entrevista, para saber algo máis sobre este xénero musical.
Esperamos que gocedes e aprendades moito escoitando esta entrevista.
Grazas a Irene por compartir o seu preciado tempo coa rapazada e profesorado do noso colexio, e facernos sentir a ópera tan cerca de nós.
Moitas grazas, Irene! 
As nosas portas e micros estarán sempre abertos para acollerte.


Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails