Do 21 ao 25 de Abril foi unha semana moi intensa, participamos nun montón de actividades moi variadas:
O Luns, unha sesión de contacontos: "Crecendo en igualdade" sobre o conto titulado: O LIBRO DOS PORCOS.
O Mércores, a celebración do "Día Internacional do Libro".
O Xoves, teatro en inglés, a obra titulada: "The Legend of King Arthur". É un storytelling, na que os actores da compañia FACE 2 FACE, fixéronnos participar activamente; algúns nenos e nenas incluso subiron ao escenario para representar algunhas personaxes, os que non subimos ao escenario tamén participamos con xestos, sonidos e sobre todo con cancións, que previamente preparamos na clase. Foi moi divertido!!!!. Aquí tedes algunhas fotos.

Create Your Own
O Venres celebramos o sorteo da "Mochila Viaxeira" que continua a súa andadura. Esta semana estará nas casas de: Sergio de E.Infantil, Lara de 1º Ciclo, Inés de 2º Ciclo e Martín de 3º Ciclo. BOA VIAXE! e BOAS LECTURAS!!!