O PAPAGAIO REVISTA

26/9/09

"SOÑOS DE ANDEL"

  • Ao remate do curso pasado o Equipo de Biblioteca xunto co equipo de Normalización e Dinamización Lingüística propuxemos rotular todas as aulas e dependencias do colexio, como explicabamos nunha entrada deste blog con data 23 de xuño: "TÍTULOS DE CONTOS"

    O nome elixido para a biblioteca foi: "Soños de andel", un conto escrito por Susana Lamela e ilustrado por María Lires. Puxémonos en contacto coa escritora para proporlles asistir ao acto de apertura da biblioteca que terá lugar o martes 29; e imos ter a gran sorte de contar coa autora e a ilustradora do libro que lle da nome á nosa biblioteca. Estamos moi entusiasmad@s con esta visita e o programa para ese día é o seguinte:

1.-Descubriremos a placa co nome da biblioteca.

2.-Representación dos Titiriteiros de Andrade: "Soños de andel"

3.-Actuación sorpresa: "Os libros encerran moitas sorpresas, neles viven fadas, magos e princesas..."

4.-Charla-coloquio a cargo de Susana Lamela e María Lires.

8 comentarios:

  1. Ola Raioteca.

    Paréceme unha moi boa proposta!!

    Estarei atenta a ver o que ocorre.

    Miles de bicos e apertas.

    Sara

    ResponderEliminar
  2. Ola Raioteca.

    Paréceme unha moi boa proposta!!

    Estarei atenta a ver o que ocorre.

    Miles de bicos e apertas.

    Sara

    ResponderEliminar
  3. Ola Raioteca.

    Paréceme unha moi boa proposta!!

    Estarei atenta a ver o que ocorre.

    Miles de bicos e apertas.

    Sara

    ResponderEliminar
  4. Que proposta tan bonita!E que boa elección para a biblioteca!
    Disfrutade mañán da visita de Susana!

    Bicos

    Bea, de Ponteareas

    ResponderEliminar
  5. Que sorte!! Xa me gustaría asistir a esa inauguración e disfrutar de tantas e boas actividades. O nome da biblioteca é precioso. Seguro que algún parente meu vive na vosa biblioteca e contarame todo con detalle. Que teñades un día estupendo!!
    Apertas e moitos biquiños a Raioteca

    ResponderEliminar
  6. Que idea tan orixinal, creativa e divertida. Parabéns! Seguiremos informándonos das vosas andainas literarias.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  7. Ola de novo!!
    Polo que vexo empezades o curso con actividades moi apetecibles. Espero ver pronto o resultado.
    Moitos bicos e apertas desde Cabanas. Libroucho

    ResponderEliminar
  8. Puxéstelles un nome precioso a BIBLIOTECA.
    ¡Felicidades! para todos eses actores que fixeron realidade eses "SOÑOS DE ANDEL".
    Bicos e apertas
    Nieves

    ResponderEliminar