O PAPAGAIO REVISTA

20/9/09

"A CASA MÁIS ANIMADA DO MUNDO"


Ola a tod@s!!!
Queremos iniciar as entradas deste curso 2009-2010 coa recomendación dun libro moi especial:
"A casa máis animada do mundo", escrito por CRISTINA SÁEZ CAZALLAS, unha compañeira, mestre no CEIP Ría do Burgo da Coruña; este conto está ilustrado por ALMUDENA APARICIO e editado por BAÍA edicións.
Nel atopamos infinidade de relatos curtos, cheos de imaxinación que nos adentran nun mundo de fantasía... e cunhas ilustracións de gran beleza.
Outros libros desta autora dirixidos ao público infantil e xuvenil son:
"Moko" e "O Sorriso de Rosalía".
Dende o colexio de Andrade desexámosvos un bo curso 2009/10 e que as nosas bibliotecas cheguen a ser as CASAS MÁIS ANIMADAS DO MUNDO.



4 comentarios:

  1. Tomamos nota. Encantada de visitar o voso blog de novo. Feliz inicio de curso e mellores lecturas.
    Un bico agarimoso desde a biblio do CEIP de Pazos.

    ResponderEliminar
  2. Raioteca!!

    Alégrome moito de visitar o blog de novo.

    Eu tamén tomo nota...

    Espero que este ano tamén estemos en contacto e que todo vai tan ben como o curso anterior.

    Mil bicos e apertas.

    Sara

    ResponderEliminar
  3. Grazas pola recomendación.Buscaremos o libro para a nosa biblio.
    Feliz curso para raioteca vos desexamos dende a biblioteca do CEIP Quintela de Moaña!!!

    ResponderEliminar
  4. Feliz curso!!
    É fantástico chegar e atoparvos tan dispostos coma sempre.
    Apertas dende Fene

    ResponderEliminar