O PAPAGAIO REVISTA

8/2/24

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2024 - UN SÉCULO INFORMANDO, ENTRETENDO E EDUCANDO


Este luns 5 de febreiro , tivemos un obradoiro de radio coa asociación Ponte nas Ondas. 

Estiveron no obradoiro a rapazada de 4º e 5º de Primaria e logo pola tarde, os mestres e mestras tiveron formación .

Agradecer a Damián, a súa colaboración connosco, pois sempre nos sorprende co seu ben facer.

Xa que este ano a UNESCO propuxo como lema :

 UN SÉCULO INFORMANDO, ENTRETENDO E EDUCANDO.


Pareceunos que estaría estupendo celebrar o Día Mundial da Radio cun obradoiro , para continuar educando, entretendo e informando, e así fixemos. Por enriba, tivemos a oportunidade de elaborar e facer unha entrevista a Xerardo Feijoo, fundador, coordinador , etc,..., da Asociación Ponte nas Ondas, onde o seu papel máis esencial foi ser un mestre incansable e vocacional, onde as súas gañas de ensinar e compartir , levárono xunto con outros compañeiros/as a fundar esta Asociación de PNO, para dar difusión e transmisión do Patrimonio común entre galegos e portugueses.

Grazas Xerardo , por compartir a túa sabedoría e o teu tempo , aínda despois de estar xubilado!


OBRADOIRO DE RADIO - FEBREIRO 2024  

5 comentarios:

  1. Ola eu son Elías de 5º E.P. encantoume o podcast.
    Ese día foi moi divertido !!!

    ResponderEliminar
  2. Boas eu son Aroa de 5º de primaria. Gustoume moito o obradoiro de radio.
    Paseino xenial!!

    ResponderEliminar
  3. Xoves,8 de febreiro 2024

    -Ola chámome André, de 5º de primaria.

    - A verdade é que foi moi divertido este obradoiro,ensináronos moitas cousas.

    - Aprendimos como amplificar a voz en audacity, tamén como cambiar a voz.

    - Eso foi o primeiro , despois do recreo amosounos como funcionaba o altofalante e como era.

    - A verdade que resultou moi divertido e informativo!

    - Parabéns ós entrevistadores, Lucas P, Lois e Caye,fixérono moi ben!

    ResponderEliminar
  4. Ola son Xoán de 5º de primaria e a verdade que o pasei moi ben.
    Aprendín a amplificar, poñer música por detrás, e moitas cousas máis.
    Moitas grazas Damián Alonso por ter tanta paciencia con nós e tamén moitas grazas a Xerardo Feijoo por darnos tanta informción da súa vida.
    Parabéns a todos e a todas!!!

    ResponderEliminar