Que tal estades rapazada? Xa chega o fin de curso e con el o remate aos nosos traballos en equipo para a nosa biblioteca.
Desexamos, tanto Lorolareto coma eu, que o pasarades moi ben na procura de novos libros , cos que poder viaxar a mundos máxicos.
Deixámosvos cos traballos finais do noso Proxecto Integral de Centro
" AS NOSAS PEGADAS ECOLÓXICAS"
Parabéns nenos e nenas, polo voso traballo, aprendizaxe e esforzo durante este curso 2021/2022.
Tamén queremos agradecer ás familias a súa magnífica colaboración!
Grazas , tamén aos mestres, e mestras que fan posible que a nosa biblioteca sexa un punto de encontro para imaxinar, soñar e aprender .
Este venres, 3 de xuño tivemos un obradoiro de
"Bombas florais", si, si, escoitáchedes moi ben. A rapazada fixo unhas bombas de terra con sementes florais para poder lanzar en calquera sitiio da Natureza e poder axudar aos polinizadores, a facer a súa labor tan importante para todos os seres vivos.
Deixámosvos con fotos do obradoiro.
.png)
Ola, son Alicia de 5º de primaria.
ResponderEliminarFixérono todos tan ben que non podo decidir que o fixo mellor.
Bo traballo!!