O PAPAGAIO REVISTA

2/6/13

ASOCIACIÓN MUSICAL "MUSICREQUES"

O xoves 30 de maio, tivemos no colexio a actuación da Asociación Musical "Musicreques".
Como elas mesmas contan no seu blog: 

O espectáculo “As aventuras de Quebranoces” consiste na representación con teatro de monicreques dunha historia, de guión propio, baseada no conto “Quebranoces e o Rei do Ratos” (escrito por E. T. A. Hoffmann), mentras se interpreta en directo ao piano a música da Suite  “O Quebranoces” de P. I. Tchaikovsky. 
Da man dos monicreques, os nenos e as nenas poderán coñecer distintos intrumentos musicais, as distintas familias instrumentais, que é o ritmo, a melodía e a harmonía, aprenderán a bailar un vals, etc.

Ademais do espectáculo de música e monicreques, a Asociación ofrece tamén, aos centros educativos que participen co seu alumnado, unha Guía Didáctica para a realización de actividades complementarias previas e posteriores ao Concerto Didáctico.

As artífices desta actividade son dúas profesoras do Conservatorio de música de  Ferrol, Alma e Loreto.
A nós parécenos un espectáculo moi completo porque combina teatro de monicreques, música en directo, audiovisual e por suposto a maxia que encerran os contos.
Dende aquí queremos darlles os nosos parabéns por esta iniciativa que seguro vai ter moito éxito.


Moitas grazas a Alma e Loreto. Ata sempre!!!




Enlace á galeria de imaxes do cole AQUÍ.

Vídeo do espectáculo:




2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar