Blog da Biblioteca do CEIP
Plurilingüe de Andrade-Pontedeume.
O PAPAGAIO REVISTA
▼
27/5/12
DESPEDIDA CLUB LECTURA 2011/2012
O xoves 24, tivemos a última xuntanza do club de lectura Raiolectores para este curso 2011/2012. Contamos coa presenza de Yiya, que nos falou da súa experiencia nos campamentos de refuxiados Saharauis de Tinduf.
Os membros do club contáronlle o argumento do libro de Gonzalo Moure "Palabras de Caramelo" e falamos das diferentes impresións que nos provocou a súa lectura. Para rematar, limos algunhas das cartas que nos enviaron as nenas e nenos saharauis cos que estamos levando a cabo o proxecto "Coñecernos para querernos". Desde aquí queremos desexarlles aos alumnos e alumnas de 6º curso, que o ano que ven estarán no instituto, moita sorte na súa nova andadura.
Ola Biblioteca "Soños de andel", alégrome moito de que xa saibades da existencia de "Andeis baleiros"!!!
ResponderEliminarAgardo que vos guste moito!!!
Un bico enorme para tod@s e en especial para Encarna!!!