Blog da Biblioteca do CEIP
Plurilingüe de Andrade-Pontedeume.
O PAPAGAIO REVISTA
▼
12/6/11
DESPEDIDA CLUB DE LECTURA 2010/2011
Esta semana tivemos a última reunión do Club de Lectura deste curso 2010/2011. Fixemos unha posta en común das nosas impresións despois da lectura do libro de Antón Cortizas: "O Conto dos sete medos". A todos os membros do club pareceunos un libro moi divertido e ameno e serviunos de punto de partida para que cada un de nós contara os seus propios medos. Chegamos á conclusión de que todos temos medos e algúns ben extravagantes...
Tedes un pequeno agasallo na nosa biblioteca.
ResponderEliminarSaúdos e Boas vacacións!
En Ourense temos un agasallo para vós.
ResponderEliminarFeliz verán!